Electroquímica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A electroquímica é unha rama da química que estuda as reaccións que toman lugar na interfase dun condutor eléctrico, onde o electrodo está composto dun metal ou un semicondutor, (incluíndo o grafito) e un condutor iónico (o electrolito).

Se unha reacción química é causada por un voltaxe externo, ou se a voltaxe é causado por unha reacción química, como o que sucede nunha batería, trátase dunha reacción electroquímica. Polo xeral a electroquímica encárgase de estudar as situacións onde as reaccións de redución-oxidación ocorren en dúas compartimentos separados. A transferencia directa de cargas dunha molécula a outra non é de interese na electroquímica.