Zoran Marić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Zoran Marić
Información persoal
Nome completo Zoran Marić
Nacemento 21 de febreiro de 1960 (59 anos)
  Boka
Nacionalidade Serbia
Altura 184 centímetros
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Serbia sub-19 (adestrador)
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1977–1979 Novi Sad 33 (4)
1979–1987 Vojvodina 212 (44)
1987–1991 Celta de Vigo 71 (13)
1991–1993 Compostela
Selección nacional
1983 Iugoslavia 2 (0)
Adestrador
2000–2001 Compostela
2005–2006 Vojvodina
2009 Vojvodina
2010 Borac Banja Luka
2010–2011 Serbia sub-19
2012– Serbia sub-19
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Zoran "Džimi" Marić, nado en Boka (Iugoslavia) o 21 de febreiro de 1960, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol serbio. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección iugoslava. Actualmente adestra a selección serbia sub-19.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no Novi Sad, segundo club da cidade co mesmo nome, a onde chega con 17 anos e permanece dúas tempadas, na Segunda División do fútbol iugoslavo.

Dende onde dá o salto ao Vojvodina, onde militará oito tempadas, ata o decembro de 1987. Durante esa etapa foi internacional coa selección iugoslava de fútbol en tres ocasións, aínda que non disputou ningún encontro oficial.

No inverno de 1988 chega ao Celta de Vigo en calidade de cedido para cubrir a baixa do goleador Baltazar, catro meses parado a causa dunha operación. Neste primeiro ano disputa un total de trece encontros de Liga, marcando catro goles.

A tempada seguinte pode permanecer en Vigo ao autorizarse por primeira vez tres estranxeiros por equipo. Nesta segunda tempada disputa 32 encontros pese a que o dianteiro centro era o brasileiro Amarildo.

No curso 1989-90 comezaron os seus problemas cas lesións, tendo que pasar polo quirófano, e véndose obrigado a unha segunda operación ao comezo da seguinte tempada.

Posteriormente volvería a recaer e deixou a práctica profesional do fútbol para pasar a oxeador técnico do Celta.

Porén Maric faría tería unha segunda aventura no fútbol, esta vez nas filas do SD Compostela, onde xogaría dúas boas tempadas sen conseguir o ascenso. No ano 1993, e aos 33 anos, retírase definitivamente dos terreos de xogo.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Sete anos despois o propio SD Compostela daríalle a oportunidade de debutar como adestrador, aínda que so foi durante a segunda parte do campionato para tentar salvala categoría, obxectivo que non conseguiu.

Tras estar como director das categorías inferiores da Vojvodina, no ano 2005 dirixe ao primeiro equipo, co cal remata a tempada na sexta posición. Tres anos despois volvería a adestralo, levándoos ao subcampionato e clasificando ao equipo para a Copa da UEFA.

Zoran Maric, ten un fillo, Goran, que tamén vestiu a camiseta do primeiro equipo do Celta de Vigo, tras formarse nas súas categorías inferiores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)