Antonio Fernández Rivadulla
Antonio Fernández | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Antonio Fernández Rivadulla | ||
Nacemento | 29 de xaneiro de 1978 | ||
Lugar de nacemento | Ourense | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
1995–1996 | Vilalonga | ||
1996–1997 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1998–2000 | Lalín | 29+ | (2+) |
2000–2001 | O Grove | ||
2001–2002 | Xove Lago | ||
2002–2003 | Villarrobledo | ||
2003–2004 | Granada | ||
2004–2005 | Torredonjimeno | ||
2005–2006 | Granada Atlético | 34 | (7) |
2006–2007 | Guadalajara | ||
2007 | Portonovo | 10 | (0) |
2007–2008 | Motril | 37 | (8) |
2008–2011 | Ourense | 112 | (9) |
2011–2012 | Pontevedra | 27 | (1) |
2012 | Céltiga | 13 | (2) |
2012–2013 | Boiro | 21 | (2) |
2013–2014 | Vilalonga | 24 | (9) |
Adestrador | |||
2014–2017 | Vilalonga | ||
2017–2019 | Alondras | ||
2019–2022 | San Roque de Lepe | ||
2022–2023 | Pontevedra | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Antonio Fernández Rivadulla, nado en Ourense o 29 de xaneiro de 1978, é un exfutbolista e adestrador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]É fillo do tamén futbolista Antonio Fernández García, natural de Mondariz e que xogou como dianteiro en equipos como o Pontevedra ou o Ourense. Na cidade das Burgas naceu Antonio fillo o 29 de xaneiro de 1978. Criouse en Pontevedra e iniciou a súa traxectoria como futbolista no Vilalonga, co que debutou en Terceira División con 17 anos.[1][2] Tras un breve paso polo equipo xuvenil do Deportivo da Coruña, xogou no Lalín, o Grove e o Xove Lago, ata que en 2002 saíu de Galicia para xogar no Villarrobledo.[1] Máis tarde xogou no Granada, o Torredonjimeno, o Granada Atlético, o Guadalajara e o Motril.[1]
En 2008 volveu ao fútbol galego e militou en catro clubs da Terceira División: Portonovo, Ourense, Pontevedra e Céltiga. Tras pasar brevemente polo Boiro, pechou a súa carreira no Vilalonga, no que xogou ano e medio entre 2013 e 2014.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]En decembro de 2014, sendo xogador do Vilalonga, colgou as botas para converterse no adestrador do propio club sanxenxino na Preferente Galicia.[2] Dirixiu o equipo durante dúas tempadas e media, logrando na segunda delas o ascenso á Terceira División e acabando décimo na seguinte.[3]
Nas tempadas 2017/18 e 2018/19 adestrou o Alondras en Terceira, rematando en cuarta posición en ambas ocasións. En outubro de 2019 fichou polo San Roque de Lepe, tamén de Terceira,[4] co que conseguiu o ascenso á Segunda División RFEF na tempada 2020/21. Dirixiu o equipo tamén o seguinte ano, acabando a súa primeira campaña na categoría a un só punto da promoción de ascenso.
O 6 de xullo de 2022 asinou como novo técnico do Pontevedra, na Primeira División RFEF.[5][6] Non chegou a rematar a tempada, pois foi destituído trala xornada 19, despois de conseguir só 4 vitorias en liga.[7]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Xogador
[editar | editar a fonte]- Boiro
- Preferente Galicia (1): 2012/13.
Adestrador
[editar | editar a fonte]- Vilalonga
- Preferente Galicia (1): 2015/16.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Camacho Malo, José Luis (21 de marzo de 2022). "Antonio F. Rivadulla: “Para mí lo más importante no es imponer sino convencer, el respeto se gana"" (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 Palmás, Roi (11 de decembro de 2014). "Antonio cambia las botas por la pizarra en el Vilalonga". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.
- ↑ Martínez, Gemma (25 de abril de 2016). "El Villalonga FC vuelve a Tercera División". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.
- ↑ "El ex del Alondras Antonio Fernández, nuevo entrenador del San Roque de Lepe". ceutadeportiva.com (en castelán). Consultado o 29 de octubre de 2019.
- ↑ "El Pontevedra CF ya tiene entrenador: Antonio Fernández dirigirá al equipo en Primera RFEF". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xullo de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2023.
- ↑ "Antonio Fernández Rivadulla, nuevo entrenador del Pontevedra CF para la próxima temporada". Faro de Vigo (en castelán). 6 de xullo de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2023.
- ↑ "El Pontevedra fulmina a Antonio Fernández". Diario de Pontevedra (en castelán). 18 de xaneiro de 2023. Consultado o 5 de novembro de 2023.
- Nados en Ourense
- Nados en 1978
- Futbolistas de Ourense
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do CD Lalín
- Xogadores da UD Xove Lago
- Xogadores do CP Villarrobledo
- Xogadores do Granada CF
- Xogadores do Torredonjimeno CF
- Xogadores do Deportivo Guadalajara
- Xogadores do Motril CF
- Xogadores do Portonovo SD
- Xogadores do CD Ourense
- Xogadores do Pontevedra CF
- Xogadores do Céltiga FC
- Xogadores do CD Boiro
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do Vilalonga CF
- Adestradores do Alondras CF
- Adestradores do Pontevedra CF