Ignacio Martín-Esperanza
Martín Esperanza | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Ignacio Martín-Esperanza Tejada | ||
Nacemento | 5 de xuño de 1936 | ||
Lugar de nacemento | Verín | ||
Altura | 1,79 m. | ||
Posición | centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
–1954 | Verín | ||
1954–1956 | Real Madrid | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1956–1960 | Plus Ultra | 43 | (13) |
1956–1957 | → La Felguera | 40 | (13) |
1958–1959 | → Atlético Ceuta | 22 | (5) |
1960–1963 | Betis | 42 | (5) |
1963 | Algeciras | ||
1963–1970 | Pontevedra | 155 | (19) |
Adestrador | |||
1973 | Pontevedra | ||
1973–1974 | Atlético Pontevedrés | ||
1974–1976 | Lugo | ||
1976–1978 | Algeciras | ||
1978–1980 | Lleida | ||
1980–1982 | Figueres | ||
1982–1983 | Lugo | ||
1983–1985 | Hospitalet | ||
1987 | Portonovo | ||
1987–1990 | Atlético Baleares | ||
1999 | Pontevedra | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Ignacio Martín-Esperanza Tejada, nado en Verín o 5 de xuño de 1936, é un exfutbolista e exadestrador galego. Xogaba de dianteiro e foi un dos membros máis destacados do Pontevedra na década de 1960, na época coñecida como a do "Hai que roelo", na que o equipo militou durante varias tempadas na Primeira División.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como futbolista[editar | editar a fonte]
Real Madrid[editar | editar a fonte]
Fillo do capitán de carabineiros Ignacio Martín-Esperanza Albareda e de María Tejada Gómez, comezou xogando ao fútbol no Verín,[1] e aos 18 anos ingresou no Real Madrid.[2] Militou no filial do club branco, o Plus Ultra, en Segunda División, e saíu cedido dúas tempadas a dous equipos tamén de Segunda: o La Felguera e o Atlético Ceuta. Sumou 105 partidos e 31 goles na categoría de prata entre 1956 e 1960.
Betis e Algeciras[editar | editar a fonte]
En 1960 fichou polo Betis, co que debutou na Primeira División o 11 de setembro, nun partido en que os béticos gañaron por 2-0 ao Mallorca. Titular indiscutible na súa primeira tempada en Sevilla, con Ferdinand Daučík no banco, unha grave lesión sufrida no Camp Nou en outubro de 1961 cortou a súa progresión.[3][4] Trala lesión disputou só 9 partidos máis no equipo andaluz en case dúas tempadas. Na segunda metade da tempada 1962/63 foi traspasado ao Algeciras, da Terceira División, que pagou por el 250.000 pesetas.[5][6] Foi unha peza clave para que o equipo lograse na fase de promoción o segundo ascenso á Segunda División da súa historia.[7]
Pontevedra[editar | editar a fonte]
En 1963 fichou polo Pontevedra, que se preparaba para debutar na Primeira División. Disputou completos todos os encontros da tempada, e marcou un total de 8 goles, pero o equipo acabou descendendo. Con todo, volveu subir na seguinte campaña, tras proclamarse campión de Segunda, e mantívose durante cinco anos máis na elite, na época do Pontevedra que pasou á historia como a do "Hai que roelo".[4] Xogou un total de 172 partidos oficiais co Pontevedra, co que marcou 21 goles.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Pouco despois de colgar as botas comezou a súa carreira como adestrador. En xaneiro de 1973 colleu as rendas do Pontevedra en substitución do cesado Caeiro,[8] pero non puido salvar o equipo do descenso a Terceira. Continuou á fronte do equipo na seguinte tempada, pero foi cesado despois de 11 xornadas, co equipo na quinta posición.[9] En xuño de 1974 asinou como novo adestrador do Lugo,[10] ao que dirixiu durante dúas campañas na Terceira División.
Nas tempada 1976/77 e 1977/78 adestrou o Algeciras, conseguindo na segunda delas o ascenso á Segunda División, 15 anos despois de que o lograse como xogador no mesmo club. Nos seguintes anos pasou polo Lleida e o Figueres, antes de regresar en 1982 ao Lugo, ao que adestrou durante unha tempada máis. A continuación adestrou o Hospitalet, o Portonovo e o Atlético Baleares, e entre 1993 e 1994 exerceu como secretario técnico do Pontevedra. En 1999 volveu brevemente ao banco do club granate,[11] pero dimitiu por sorpresa despois de só 6 xornadas, molesto porque o seu método de traballo fose cuestionado.[12] Continuou no club como director deportivo ata o ano 2001.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El Verín vence al Zeltia y a una selección portuguesa". La Región (en castelán) (13854). 3 de agosto de 1954. p. 4. Consultado o 13 de maio de 2022.
- ↑ "11 de xullo de 2011". leyendablanca.galeon.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2011. Consultado o 13 de maio de 2022.
- ↑ "Barcelona, 6; Betis, 1". El Progreso (en castelán) (16860). 17 de outubro de 1961. p. 5. Consultado o 13 de maio de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 Adrián, Lede (28 de febreiro de 2020). "Martín Esperanza, el genio del balón que enamoró a una ciudad". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 13 de maio de 2022.
- ↑ "Tres millones contra 650.000 pesetas". La Noche (en castelán) (12918). 4 de maio de 1963. p. 6. Consultado o 13 de maio de 2022.
- ↑ "El Algeciras C. de F. se gastó esta temporada más de un millón de pesetas en fichajes". El Progreso (en castelán) (17340). 5 de maio de 1963. p. 6. Consultado o 13 de maio de 2022.
- ↑ López, Quino (8 de xullo de 2012). "Medio siglo del gran salto" (en castelán). Consultado o 13 de maio de 2022.
- ↑ "Pepe Caeiro cesó como entrenador del Pontevedra". El Pueblo Gallego (en castelán) (18010). 24 de xaneiro de 1973. p. 13. Consultado o 13 de maio de 2022.
- ↑ "Ceso Martin Esperanza". El Pueblo Gallego (en castelán) (18265). 22 de novembro de 1973. p. 13. Consultado o 13 de maio de 2022.
- ↑ "Martín Esperanza, entrenador del Lugo". El Pueblo Gallego (en castelán) (18447). 25 de xuño de 1974. p. 15. Consultado o 13 de maio de 2022.
- ↑ "Martín Esperanza asume el reto". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xuño de 1999. p. 57.
- ↑ [Martín Esperanza dimite por sorpresa "Martín Esperanza dimite por sorpresa"]
|url=
incorrecto (Axuda). La Voz de Galicia (en castelán). 5 de outubro de 1999. p. 56.
- Nados en 1936
- Nados en Verín
- Futbolistas da provincia de Ourense
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Real Madrid Castilla
- Xogadores do AD Ceuta
- Xogadores do Real Betis Balompié
- Xogadores do Algeciras CF
- Xogadores do Pontevedra CF
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do Pontevedra CF
- Adestradores do Pontevedra CF B
- Adestradores do CD Lugo
- Adestradores do Algeciras CF
- Adestradores do UE Lleida
- Adestradores da UE Figueres
- Adestradores do CE L'Hospitalet
- Adestradores do Portonovo SD
- Adestradores do Atlético Baleares