Edelmiro Lorenzo Codesido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Edelmiro
Información persoal
Nome completo Edelmiro Lorenzo Codesido
Nacemento 20 de xullo de 1910
  Pontevedra
Falecemento 22 de outubro de 1997
Nacionalidade España
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1923–1925 Eiriña
1925–1930 Iberia
1930–1936 Espanyol
1939 Racing de Ferrol
1943–1947 Pontevedra
Selección nacional
Cuba
1931 Cataluña

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

Edelmiro Lorenzo Codesido, nado en Pontevedra o 20 de xullo de 1910, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego que xogaba na demarcación de dianteiro centro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era irmán dos tamén futbolistas O'Donell e Gonzalo Lorenzo Codesido, e tío de Telesforo Lorenzo Gama. Comezou a xogar cos seus irmáns no Eiriña CF e con eles tamén emigrou a Cuba para xogar no Iberia, equipo no que xogaban outros galegos como Cachán ou Pepe Torres, e co que gañaron o campionato nacional. Esta boa actuación levouno a xogar coa Selección de fútbol de Cuba.

Tras volver a Galiza en 1930 fichou polo RCD Espanyol, equipo que xa se interesara por el uns anos antes. No equipo catalán compartiu equipo durante dúas tempadas co seu irmán O'Donell. Nas seis tempadas que xogou en Barcelona disputou 102 encontros de Liga e marcou 42 goles, gañando o Campionato de Catalunya en 1933 e remata o campionato ligueiro na terceira posición, a mellor posición histórica do club. Tamén foi internacional coa Selección de fútbol de Cataluña en 1931.

Trala Guerra Civil fichou polo Racing Club de Ferrol en 1939, equipo co que chegou á final do Copa del Generalísimo ante o Sevilla FC, encontro que perdeu por 6-2.

En 1947, xa vivindo en Pontevedra comprometeuse coa reactivación do deporte na cidade, polo que ante a falta de xogadores fichou polo Pontevedra CF como xogador e adestrador, nas tres tempadas que xogou no equipo clasificouse en varias ocasións para ascender a Segunda División.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]