Milo Abelleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Milo Abelleira
Información persoal
Nome completo José Emiliano Abelleira Solla
Nacemento 8 de agosto de 1963 (56 anos)
Lugar Pontevedra, Galicia
Adestrador
Pontevedra (xuvenís)
1999-2000 Endesa As Pontes
2000–2003 Celta B
2003–2006 Ourense
2007–2008 Leonesa
2009–2011 Celta B
2011–2013 Pontevedra

José Emiliano "Milo" Abelleira Solla, nado en Pontevedra o 8 de agosto de 1963, é un adestrador de fútbol galego. Actualmente adestra o Pontevedra CF. É o pai da xogadora do Deportivo Abanca Teresa Abelleira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de 8 anos nas categorías inferiores do Pontevedra CF, pasou a adestrar o primeiro equipo, que militaba en Segunda B. Posteriormente dirixiu ao Club Deportivo As Pontes, por aquel entón Endesa As Pontes, de Terceira División. Na tempada 1999–00 foi contratado para adestrar ao Celta de Vigo B, ascendendo a Segunda B na súa segunda tempada e gañando a Copa Federación. Despois estivo no CD Ourense, sendo destituído, e novamente no Pontevedra. En febreiro de 2007 fichou pola Cultural Leonesa cando estaba en postos de descenso, salvándoo ao final do curso. Porén, na seguinte tempada foi destituído a metade de campaña malia que aínda lle quedaban dous anos e medio de contrato.

Chegou ao filial celeste no verán de 2009 substituíndo a Alejandro Menéndez,[1] sendo renovado para a tempada seguinte.[2]

O 3 de xuño de 2011 anunciouse a súa contratación como adestrador do Pontevedra CF para a tempada 2011–12, en substitución de Manolo Tomé.[3]

En xuño de 2013 anunciouse que non continuaría como adestrador do Pontevedra CF, sendo substituído por Nando.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]