Miguel Ángel Tena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tena
Información persoal
Nome Miguel Ángel Tena García
Nacemento 17 de xaneiro de 1982 (42 anos)
Lugar de nacemento Almassora
Altura 1,85 m
Posición Defensa
Carreira xuvenil
1993–1997 Castellón
1997–2001 Valencia
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2001–2003 Valencia B 36 (0)
2003–2004 Villarreal B
2003–2004 Villarreal 1 (0)
2004–2005 Racing Ferrol 39 (1)
2005–2008 Ejido 89 (7)
2008–2009 Levante 19 (5)
2009–2010 Elche 22 (1)
2010–2013 Córdoba 61 (4)
2013 Lugo 14 (1)
2013–2014 Cádiz 16 (1)
2014–2015 Racing Ferrol 39 (1)
Adestrador
2015–2016 Racing Ferrol
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 16 de xuño de 2015
editar datos en Wikidata ]

Miguel Ángel Tena García, coñecido como Tena, nado o 17 de xaneiro de 1982 en Almassora (Castelló), é un exfutbolista e adestrador profesional español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tena chegou ao Villarreal CF no ano 2003 procedente dos seus veciños do Valencia CF, despois de terminar a súa formación futbolística con este último. Despois dunha fichaxe infrutuosa ao Real Madrid Castilla, fixo o seu debut profesional na Primeira división na tempada 2003-04, aínda que tan só aparecería nun partido de liga co seu novo club, nunha derrota por 1-2 fronte o Osasuna, sendo substituído á hora de xogo.

Posteriormente Tena continuou a súa carreira na Segunda Divisón, primeiro co Racing de Ferrol, para pasar a xogar durante tres tempadas co Polideportivo Ejido, e posteriormente Levante, Elche e Córdoba, onde tras tres anos se converteu nun dos capitáns do conxunto. Xogou en total máis de 200 partidos oficiais na categoría, con 17 goles anotados até 2013 xogando de defensa central. O 9 de xaneiro de 2013 rompe a súa relación co Córdoba para asinar un contrato por ano e medio co Club Deportivo Lugo. Tras non gozar de moitos minutos no club lucense, asina poloa Cádiz CF e posteriormente o Racing de Ferrol de Segunda B.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano PX Goles
Valencia B Segunda B 2001-2002 22 0
Valencia B Segunda B 2002-2003 14 0
Villarreal B Terceira 2003-2004
Villarreal CF Primeira 2003-2004 1 0
Racing de Ferrol Segunda 2004-2005 39 1
Poli Ejido Segunda 2005-2006 35 4
Poli Ejido Segunda 2006-2007 37 3
Poli Ejido Segunda 2007-2008 17 0
Levante Segunda 2008-2009 19 5
Elche Segunda 2009-2010 22 0
Córdoba Segunda 2010-2011 34 4
Córdoba Segunda 2011-2012 21 0
Córdoba Segunda 2012-2013 6 0
Lugo Segunda 2013 12 1
Lugo Segunda 2013-2014 2 0
Cádiz Segunda B 2014 16 1
Racing de Ferrol Segunda B 2014-2015 26 0

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]