Chus Baleato
Chus Baleato | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Jesús Isolino Baleato Negreira | ||
Nacemento | 18 de xaneiro de 1954 (68 anos) | ||
Lugar de nacemento | Val do Dubra | ||
Información de club | |||
Club actual | Bergantiños (adestrador) | ||
Adestrador | |||
Anos | Equipos | ||
2003–2008 | Santa Comba | ||
2009 | Compostela | ||
2010–2011 | Grixoa | ||
2011– | Bergantiños | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Jesús Isolino Baleato Negreira, chamado Chus Baleato, nado en Bembibre (Val do Dubra) o 18 de xaneiro de 1954, é un adestrador de fútbol galego. Actualmente adestra o Bergantiños FC.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Na tempada 2003–04 comezou a adestrar o Santa Comba, ao que levou sucesivamente de Primeira Autonómica a Preferente, e de aí a Terceira. En marzo de 2008 deixou o conxunto xalleiro[1].
En xuño de 2009 ficha pola SD Compostela para a tempada da súa volta á Segunda División B. Con todo, os resultados económicos e deportivos levárono á súa dimisión á metade da tempada (2009–10), e a ser substituído por Fabiano.[2] No verán de 2010, ao mesmo tempo que reclamaba o diñeiro que lle debía a institución compostelá, fichaba pola SD Grixoa, un club que acababa de ascender de categoría.
No verán de 2011 anunciouse a súa contratación polo Bergantiños FC.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Chus Baleato se va por la puerta grande", publicado en El Correo Gallego, citado pola web do Santa Comba FC.
- ↑ "Fabiano será el capitán que dirigirá el barco del Compos". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2020-02-03.
- ↑ «Pretendo potenciar la cantera»
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Baleato Negreira, Jesús Isolino". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 50. ISBN 84-8064-113-4.