Gabriel Alonso
Gabriel Alonso | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Gabriel Alonso Aristeaguirre | ||
Nacemento | 9 de novembro de 1923 | ||
Lugar de nacemento | Hondarribia | ||
Falecemento | 19 de novembro de 1996 | ||
Lugar de falecemento | Hondarribia | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Real Unión de Irún | |||
Racing de Ferrol | |||
1946-1951 | Celta de Vigo | 113 | (0) |
1951-1954 | Real Madrid | 45 | (0) |
Málaga CF | |||
Rayo Vallecano | |||
Selección nacional | |||
Selección de fútbol de España | 12 | (0) | |
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Gabriel Alonso Aristeaguirre, nado en Hondarribia (Guipúscoa) o 9 de novembro de 1923 e finado na mesma vila o 19 de novembro de 1996, foi un futbolista vasco que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aínda que a gran parte da súa traxectoria futbolística transcorreu no Celta de Vigo e Real Madrid, tamén defendeu as cores do Real Unión de Irún e o Racing de Ferrol.
Gabriel Alonso chega ao Celta procedente de Ferrol na tempada 1946-47, a súa estancia en Vigo coincide cunha etapa de grande esplendor do equipo celeste, especialmente na tempada 1947-48 na que remata a Liga na cuarta posición e acada o subcampionato da Copa. Precisamente na final da mesma tivo que ocupar a posición de gardameta trala lesión de Simón e xa que non se permitia cambio naquela época. Nesta época Gabriel formou unha das mellores liñas medias de España, xunto con Leonardo e Miguel Muñoz.
Nesta época realiza a súa participación coa Selección española de fútbol máis importante, no Mundial de Fútbol Brasil 1950, España gaña por primeira vez a Inglaterra por 1-0 con gol de Zarra en Maracaná, rematando o combinado na cuarta posición.
Debido á difusión que lle deu o réxime ditatorial de Francisco Franco, o gol acadou unha gran sona, e Gabriel Alonso como iniciador da xogada contravindo as indicacións do adestrador encumbrado como futbolista.
Na tempada 1948/49 mete presión para fichar polo Real Madrid que estaba interesado nel, pero non conseguiría o traspaso ata dous anos despois, xunto con outro céltico, Sobrado.
No equipo madrileño asistiu á chegada de Alfredo Di Stéfano, aínda que non puido desfrutar da grande época de esplendor do equipo merengue puido participar na conquista dunha Liga na tempada 1853/54.
Tras tres anos na disciplina madridista é traspasado ao Málaga CF e ao cabo dun ano ao Rayo Vallecano, onde se retirará definitivamente.
- Futbolistas do País Vasco
- Xogadores do Real Unión
- Xogadores do Racing de Ferrol
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do Málaga CF
- Xogadores do Rayo Vallecano
- Defensas de fútbol
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España
- Nados en 1923
- Finados en 1996
- Nados en Hondarribia
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1950