David Vidal
Nome orixinal | David Vidal Tomé | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 2 de agosto de 1950 (74 anos) Porto do Son, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Galicia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
David Vidal Tomé, nado en Portosín (Porto do Son) o 2 de agosto de 1950, é un exfutbolista galego e actual adestrador de fútbol. Xogaba de defensa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]Na tempada 1973–74 debutou co Deportivo da Coruña en Segunda División, da man do adestrador Fernando Riera. Nesa campaña no club coruñés, no que tivo 4 adestradores, Vidal participou en 9 partidos e anotou dous goles, anotando o primeiro na segunda xornada, nun encontro contra o CA Osasuna e que supuxo o empate para os galegos (1–1). Ao final desa campaña o Deportivo descendeu a Terceira División.
Na campaña 1974–75 fichou polo Cádiz CF, tamén en Segunda División, onde só xogou 6 partidos.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Na tempada 1990–91 foi contratado polo Logroñés, club co que obtería os seus mellores resultados en Primeira División, deixándoo na décima posición esa tempada e a seguinte. Non obstante, foi destituído na tempada 1992–93 despois de 12 xornadas nas que o equipo se atopaba nas últimas posicións da táboa, sendo substituído por Miguel Ángel Lotina.
Foi contratado polo Rayo Vallecano ao final da tempada 1993–94, que rematou co descenso do equipo a Segunda División. Aínda que continuou no equipo a campaña seguinte foi despedido despois de oito xornadas. Posteriormente dirixiu, tamén en Segunda, ao Villarreal (1995–96), Hércules (1997–98) e Compostela (1999–00).
Mediada a tempada 2001–02 foi contratado polo Real Murcia, conseguindo a salvación ese ano e ao seguinte o ascenso a Primeira División, a pesar do cal o club decidiu prescindir dos seus servizos de cara á seguinte campaña na máxima categoría. Iniciada a tempada 2003–04 foi contratado polo UD Las Palmas, mais fracasou no obxectivo de sacar ao equipo dos postos de descenso e foi destituído antes de que rematase a tempada. Na tempada 2005–06 dirixiu ao Lleida, sen tampouco lograr o obxectivo de evitar o descenso a Segunda División B. Na tempada 2006–07 foi contratado polo Elche coa mesma misión, lográndoo esta vez e deixando ao equipo na décima posición. Permaneceu no Elche até a sétima xornada da tempada 2008–09, que foi destituído polo mal comezo da campaña.
Na xornada 28 da tempada 2009–10, foi contratado polo Albacete Balompié, situado en postos de descenso tras 11 partidos sen coñecer a vitoria, en substitución de Julián Rubio. Aínda que conseguiu a permanencia, non foi renovado de cara á tempada 2010–11.
O 13 de febreiro de 2011 anunciouse a súa reincorporación ao Albacete, en substitución de Antonio Calderón,[1] pero foi destituído seis xornadas despois tras conseguir só 2 puntos neses seis encontros.
O 14 de xullo de 2013 anunciouse a súa contratación polo Xerez CD, por dúas tempadas, en substitución de Carlos Ríos.[2] Co descenso administrativo do equipo a Terceira División, rescindiu o seu contrato.[3]
O 21 de marzo de 2016 fichou polo CD Guadalajara, de Segunda División B, en substitución de Félix Arnáiz.[4] Co descenso do equipo a Terceira División rematou o seu contrato, sendo substituído por Alberto Parras Miguel.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vidal sustituye a Calderón en el banquillo del Albacete"
- ↑ "David Vidal, nuevo entrenador del Xerez". Marca. 14 de xullo de 2013. (en castelán)
- ↑ "David Vidal negocia la rescisión de contrato". reporterosjerez.com. 7 de agosto de 2013. (en castelán)
- ↑ "David Vidal, nuevo entrenador del CD Guadalajara". COPE. 21 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2016. (en castelán)
- ↑ "Alberto Parras, nuevo entrenador del C.D. Guadalajara"
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)
- Perfil do adestrador en bdfutbol.com (en castelán)
- "David Vidal, o xenio de Portosín", post de Manuel Bragado no blog Brétemas, 26 de marzo de 2010.
- Nados en 1950
- Nados en Porto do Son
- Futbolistas da provincia da Coruña
- Xogadores do Deportivo Fabril
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores da UE Lleida
- Xogadores do Cádiz CF
- Xogadores do Villarreal CF
- Xogadores do Xerez CD
- Xogadores da UD Melilla
- Xogadores do FC Cartagena
- Xogadores do CD Logroñés
- Xogadores do Jerez Industrial CF
- Xogadores da Agrupación Deportiva Ceuta
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do CD Logroñés
- Adestradores do Rayo Vallecano
- Adestradores do Xerez CD
- Adestradores do CD Guadalajara
- Adestradores do Cádiz CF
- Adestradores do Villarreal CF
- Adestradores do Hércules CF
- Adestradores da SD Compostela
- Adestradores do Real Murcia
- Adestradores da UD Las Palmas
- Adestradores do UE Lleida
- Adestradores do Elche CF
- Adestradores do Albacete Balompié
- Adestradores do Lorca FC