Santiago Sanz Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Quecho
Información persoal
Nome Santiago Sanz Méndez
Nacemento 1 de marzo de 1962
Lugar de nacemento Vigo
Altura 1,70 m.
Posición Centrocampista e dianteiro
Carreira xuvenil
–1980 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1980–1981 Gran Peña
1981–1984 Celta de Vigo 32 (1)
1984–1986 Ourense 26 (9)
1986–1988 Arenteiro 33 (14)
1988–1996 Ourense 223 (64)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Santiago Sanz Méndez, máis coñecido como Quecho, nado en Vigo o 1 de marzo de 1962, é un exfutbolista galego, que xogaba de centrocampista e dianteiro. Fillo do futbolista e adestrador do Celta de Vigo, Yayo, formouse no equipo celeste, co que conseguiu un ascenso a Primeira División na tempada 1981/82, pero destacou especialmente no Ourense, sendo un dos xogadores máis importantes da historia do desaparecido club.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do Celta de Vigo, club ao que seu pai Yayo estivo vencellado durante dećadas. Tras xogar no equipo xuvenil pasou ao Gran Peña na campaña 1980/81.[1][2] Na tempada seguinte debutou co primeiro equipo na Segunda División, nun partido contra o Real Murcia na Condomina.[3] Disputou 17 partidos esa tempada, na que o equipo adestrado por Milorad Pavić logrou o ascenso á Primeira División, e contribuíu con un gol contra o Levante. Na 1982/83 debutou na Primeira División, xogando 22 partidos, pero volvendo descender ao remate da competición. Continuou un ano máis no club vigués, pero sen poder xogar debido a unha grave lesión de xeonllo.[4]

Na tempada 1984/85 fichou polo Ourense, co que logrou ese ano o ascenso á Segunda División B. Tras unha segunda campaña co equipo, fichou en 1986 polo Arenteiro, co que tamén conseguiu o ascenso á Segunda B na súa primeira tempada. Ao ano seguinte marcou 14 goles co club do Carballiño, sendo un dos máximos goleadores do seu grupo, e ao remate da tempada regresou ao Ourense.

A súa segunda etapa no Ourense comprendeu oito tempadas, nas que se converteu nun dos futbolistas máis importantes da historia do club, con preto de 300 partidos e máis de 80 goles. Foi o máximo goleador do grupo I da Segunda B na tempada 1991/92 con 19 tantos, e na 1993/94 contribuíu ao regreso do club á Segunda División 20 anos despois. Deixou o conxunto ourensán en 1996, despois de lograr un novo ascenso a Segunda.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Celta - Pabellón". El Pueblo Gallego (en castelán) (20426). 9 de setembro de 1978. p. 19. Consultado o 4 de decembro de 2021. 
  2. "Ayer en Balaídos Gran Peña - Alondras". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de agosto de 1980. p. 48. 
  3. "Murcia - Celta 04/10/1981". BDFutbol (en castelán). Consultado o 4 de decembro de 2021. 
  4. "Quecho, dispuesto a triunfar". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de agosto de 1984. p. 39. 
  5. "Trece jugadores finalizaron contrato con el club". La Voz de Galicia (en castelán) (Ourense ed.). 2 de xullo de 1996. p. 59. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]