Coloide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un coloide', suspensión coloidal ou dispersión coloidal é un sistema físico-químico composto por dúas fases: unha continua, normalmente fluída, e outra dispersa a xeito de partículas.

Adoita estar en estado sólido, de tamaño mesoscópico (a medio camiño entre os mundos macroscópico e microscópico). Son partículas non apreciábeis a simple vista, pero moito máis grandes que calquera molécula.

O nome de coloide provén da raíz grega "kolas" que significa "que pode colar ou pegar". Este nome fai referencia a unha das principais propiedades dos coloides: a súa tendencia espontánea a se agregar ou formar callos.

Malia que o coloide por excelencia é aquel no que a fase continua é un líquido e a fase dispersa componse de partículas sólidas, poden atoparse coloides cuxos compoñentes se atopan noutros estados de agregación.

Distintos tipos de coloides segundo o estado das súas fases continua e dispersa:

Brétema, neboeiro, fume, po en suspensión, escuma de barbear, leite, mollos (maionesa), crema de mans, sangue, tinturas, tinta chinesa, pedra Pómez, aeroxeles, xel, xelatina, queixo, cristal de Rubí... Moitas macromoléculas en solución forman coloides, como por exemplo, proteínas globulares en solución. O citosol da célula é un coloide complexo.