John Cornforth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "John Warcup Cornforth")
John Warcup Cornforth
Nobel prize medal.svg
Каппа играет в шахматы.png
John Warcup Cornforth
Datos persoais
Nacemento 7 de setembro de 1917
Lugar Sidney Australia Australia
Falecemento 8 de decembro de 2013 (96 anos)
Lugar Brighton
Residencia Australia Australia
Nacionalidade australiano
Cónxuxe
  • Rita Harradence
  • Actividade
    Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade de Sidney
  • St Catherine's College, Oxford
  • Director de tese Robert Robinson
    Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Estereoquímica das reaccións catalíticas das enzimas.
  • Influído por Leonard Basser
    Premios
  • Medalla Davy (1968)
  • Premio Nobel de Química (1975)
  • Australiano do ano (1975)
  • Medalla Royal (1976)
  • Medalla Copley (1982)
  • editar datos en Wikidata ]

    John Warcup 'Kappa' Cornforth, nado en Sidney o 7 de setembro de 1917 e finado en Sussex o 8 de decembro de 2013[1], foi un químico e profesor universitario australiano, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1975.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Naceu en Sidney (Australia). O seu pai era inglés e estaba graduado en Oxford. A súa nai, chamada Hilda Eipper era descendente dun ministro alemán. John era o segundo de catro fillos. Na súa infancia viviu en Sidney e na zona rural de Armidale, en Nova Gales do Sur. Aos dez anos de idade diagnosticóuselle unha xordeira profunda (otosclerose). O proceso de perdida de audición durou máis dunha década. Graduouse no instituto de mozos de Sidney. Un dos seus mestres Leonard Basser influíu nel para que se decidise á química. John pensou entón que a súa xordeira podería ser un obstáculo superable na carreira da química.

    Incorporouse ao campo da química orgánica na Universidade de Sídney aos 16 anos de idade onde coñecería á súa muller, Rita e graduouse en 1937. Entón gañou unha bolsa de Exposicións 1851 para traballar en Oxford con Robert Robinson. Rita e el trasladáronse á Universidade de Oxford, no Reino Unido, onde se doutorou en 1941 baixo a supervisión de Robert Robinson. Ese mesmo ano casou con Rita, coa que chegaría a ter tres fillos e dous netos. A Segunda Guerra Mundial estalou cando viaxou a Oxford. John e Rita terían unha profunda influencia nos traballos con penicilina no laboratorio de Robinson.

    Tras a guerra foi nomeado director do Medical Research Council, e entre 1962 e 1975 dirixiu o Laboratorio Milstead de enzimoloxía da Compañía Shell. Posteriormente foi nomeado profesor de química na Universidade de Sussex. Foi nomeado sir pola raíña Isabel II do Reino Unido en 1977.

    Cornforth é membro da Royal Society e aínda segue activo na investigación química na Universidade de Sussex. Isto mostra a súa personalidade, e dános unha visión dun home sorprendente que venceu o obstáculo que supuña a súa xordeira para conseguir unha brillante carreira científica. foi galardoado, ademais de outros grandes premios, co premio ao Australiano do ano en 1975 e coa medalla Copley en 1982.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Durante a Segunda Guerra Mundial quedou sorprendido sobre os traballos realizados acerca da penicilina. Colaborando coa compañía Glaxo, elaborou un procedemento práctico de obtención de cortisona. Posteriormente realizou investigacións sobre o espectro estereoquímico das reaccións encimáticas. Estableceu a secuencia xenética do ácido mevalónico utilizando técnicas de trazado radioactivo, así mesmo estudou a biosíntese do ácido málico e o ácido cítrico.

    En 1975 foi galardoado coa metade do Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a estereoquímica das reaccións catalíticas das encimas. A outra metade do premio recaeu no químico suízo Vladimir Prelog polos seus traballos sobre a estereoquímica de moléculas e as súas reaccións orgánicas.

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. Chang, Kenneth. "John W. Cornforth, 96, Nobel-Winning Chemist, Dies". The New York Times. 

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    OUtros artigos[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Paul J. Flory
    Premio Nobel de Química
    Nobel prize medal.svg

    1975
    con
    Vladimir Prelog
    Sucesor:
    William Lipscomb