Insuficiencia respiratoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A insuficiencia respiratoria é unha síndrome clínica caracterizada pola incapacidade do organismo para manter os niveis arteriais axeitados de oxíxeno e de dióxido de carbono, necesarios para o correcto metabolismo celular.[1]

Concepto[editar | editar a fonte]

A insuficiencia respiratoria aguda é a incapacidade do sistema respiratorio de cumprir a súa función básica, que é o intercambio gasoso de oxíxeno e dióxido de carbono entre o ar ambiental e o sangue circulante, culminando na falla do metabolismo celular do organismo.

De acordo co seu encabezado médico pódese definir como:

Failure to adequately provide oxygen to cells of the body and to remove excess carbon dioxide from them. (Stedman, 25th ed)
Falla para prover axeitadamente de oxíxeno ás células do corpo e eliminar o exceso de dióxido de carbono do mesmo. (Stedman, 25va ed)
Termo MeSH para Insuficiencia respiratoria

En termos médicos, a insuficiencia respiratoria defínese coma a presenza dunha hipoxemia arterial (PaO2 menor a 60 mmHg) en reposo, a nivel do mar e respirando ar ambiental. Este criterio pode acompañarse de hipercapnia (PaCO2 maior de 45 mmHg). Para fins prácticos, pode entenderse que unha saturación de oxíxeno entre 90  e 95  equivalen a unha PaO2 de 60 e 80 mmHg.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. National Center for Biotechnology Information, U.S. National Library of Medicine. "Respiratory Insufficiency" [Insuficiencia Respiratoria]. Medical Subject Headings. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]