Provo, Utah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°14′40″N 111°39′39″O / 40.24444, -111.66083

Provo, Utah
Provo
City of Povo

Vista de Provo e o val de Utah desde as montañas ao leste
Localización
País Estados Unidos
EstadoUtah
CondadoUtah
Xeografía
AltitudeMedia 1 387 msnm
Superficie108,2 km²
Demografía
Poboación112 494 habitantes (2010)[1]
Densidade1 080,10 hab./km²
Outros datos
Fundación1849
Código postal84601-84606
AlcaldeMichelle Kaufusi (R)
www.provo.org/

Provo é unha cidade do condado de Utah, da que é a súa capital, no estado de Utah dos Estados Unidos.

Encóntrase a uns 80 km ao sur de Salt Lake City. Forma parte da conurbación coñecida como Wasatch Front. É coñecida por ter o campus principal da Universidade Brigham Young (BYU).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Vista do miradoiro dos bosques.

A cidade encóntrase no val de Utah, cunha elevación de 1 397 m. Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ocupa unha superficie de 108,2 km². Deles, 102,7 km² son de terra e 5,6 km² on de auga (o 5,14 % da total).

As montañas Range teñen moitos picos dentro do condado de Utah, ao longo da cara leste do Wasatch Front. Un destes picos, coñecido como a Montaña Y, ten unha enorme "Y" hecha de formigón branqueado a metade do camiño cara ao cumio. Foi construída a principios do século XX para conmemorar á Universidade Brigham Young (o proxecto orixinal incluía a construción das tres letras: BYU).

Os cervos e, con menos frecuencia os pumas e os alces, aínda vagan polas montañas (e de cando en vez polas rúas da cidade).

A paisaxe é considerada xeralmente agradábel e invita a excursións, a practicar o esquí, a pesca e outras actividades ao aire libre.

Historia[editar | editar a fonte]

Provo chamouse nun principio Fort Utah, cando en 1849 se asentaron 33 familias mormonas procedentes de Salt Lake City, pero foi renomeado como Provo en 1850 en memoria de Étienne Provost, un trampeiro francocanadense que operou na rexión en 1825.

Anterioremente, en 1776, o padre Silvestre Vélez de Escalante, un misioneiro e explorador franciscano español, foi o primeiro occidental que visitou a zona, na expedición de Domínguez e Escalante. Escalante escribiu unha crónica sobre esta primeira exploración europea ao longo do deserto da Gran Conca.

En 1851 a Lexislatura do Territorio outorgoulle a Provo a Acta Constitutiva, que lle deu os límites á cidade, os dereitos específicos dos funcionarios electos e describe os deberes dos residentes, formando o consello municipal formado polo alcalde, catro rexedores e nove concelleiros.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Provo ten tres cidades irmandadas:[2][3]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Provo (city), Utah US Census QuickFacts.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 13 de febreiro de 2021. 
  3. "City of Provo, UT : Sister Cities". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2015. Consultado o 13 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]