Naguib Mahfús
Naguib Mahfús نجيب محفوظ | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | نجيب محفوظ عبد العزيز إبراهيم أحمد الباشا |
Nacemento | 11 de decembro de 1911 |
O Cairo ![]() | |
Falecemento | 30 de agosto de 2006 (94 anos) |
O Cairo ![]() | |
Causa | insuficiência renal crónica e pneumonia bacteriana |
Soterrado | O Cairo |
Nacionalidade | Imperio Otomán, Sultanato do Egipto, Reino do Egito, República do Egito, República Árabe Unida e Exipto |
Etnia | Egípcios |
Relixión | Islam |
Alma máter | Universidade do Cairo |
Ocupación | novelista, guionista, tradutor, dramaturgo, escritor, Intelectual, xornalista, escritor de contos e autobiógrafo |
Cónxuxe | Atiyatullah Ibrahim |
Xéneros | novela |
Coñecido/a por | Respected Sir, Rhadopis of Nubia, Miramar, Midaq Alley, Children of Gebelawi, The Thief and the Dogs, Cairo Trilogy, Arabian Nights and Days, Khufu's Wisdom, The Day the Leader was Killed, The Search, The Beggar, The Harafish, The Journey of Ibn Fattouma, Adrift on the Nile, Dreams of departure, Mirrors (novel), The Beginning and the End, sen etiquetar, Karnak Café, Stories from Our Neighbourhood, Wedding Song, Autumn Quail e Akhenaten, Dweller in Truth |
Premios | Nobel de Literatura |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Naguib Mahfús (en árabe: نجيب محفوظ e en inglés Naguib Mahfouz), nado o 11 de decembro de 1911 no Cairo e finado o 30 de agosto de 2006 na mesma cidade, foi un escritor exipcio galardoado co premio Nobel de Literatura.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naguib foi o restribeiro dos oito fillos dun funcionario que creceron no coñecido barrio da Gamalía, unha das zonas históricas máis antigas da capital. Na infancia xa se interesou polas letras e pola Filosofía. Así, graduouse de filosofía na Universidade Rei Faruk I, actual Universidade do Cairo. Comezou a escribir artigos en revistas de entón. Interesado en linguas estranxeiras, sobre todo no inglés, Naguib traduciu obras literarias anglosaxoas ao árabe, da que a máis coñecida foi a d'O Antigo Exipto, de James Baikie (1932).
O mozo Naguib botouse a escribir obras de ficción e xa publicara máis de 80 relatos ao rematar os seus estudos medios. Seguindo a tradición funcionarial do pai, incorporouse ao Ministerio de Asuntos Relixiosos, onde traballou entre 1939 e 1954. Desde alí a produción literaria de Naguib acadou o seu esplendor. Daquel tempo quedaron inconclusas obras como A maldición de Ra (1939), Radophis a cortesá (1943) ou A batalla de Tebas (1944).
Tan intenso labor tería as súas consecuencias e premios. Entre 1956 e 1957 a súa obra Triloxía do Cairo acadou grande éxito nun contorno de grandes mudanzas sociais e políticas que se deron en Exipto despois do derrocamento da monarquía en 1952. En 1967 o réxime exipcio publicou por entregas Fillos do noso barrio nun xornal semioficial. Ese mesmo ano foi publicado como libro en Beirut. Para entón xa pasara polo departamento de Censura e Belas Artes, fora director da Fundación de Apoio ao Cinema e asesor do ministerio de Cultura.
Mahfús foi o primeiro escritor árabe en recibir o premio Nobel de Literatura, en 1988 e ata o de agora o único.
Pasou os seus últimos anos practicamente cego e xordo. En xullo de 2006 sufriu unha caída e foi hospitalizado por consecuencia das feridas na cabeza. Porén, a súa saúde deteriorouse rapidamente e faleceu o 30 de agosto.
Persecución[editar | editar a fonte]
O neno de Guebelaui (1959), unha das obras máis coñecidas de Mahfús, foi prohibida en Exipto por blasfema, ao facer un alegórico retrato de Deus e das crenzas monoteístas (xudaísmo, cristianismo e islamismo). A súa obra Fillos do noso barrio segue nesta altura prohibida no seu país.
En 1989, logo da fatua lanzada contra Salman Rushdie, o teólogo exipcio Omar Abdul-Rahman dixo que Mahfús debería recibir castigo por escribir O neno de Gebelaui. Porén, aclarou que aquel posicionamento non se trataba dunha fatua. Porén, en 1994, cando Mahfús xa recibira o Nobel e tiña 82 anos, un grupo de persoas tentou asasinalo dunha coitelada no pescozo. Sobreviviu o atentado, pero dende entón tivo que ter todo o tempo a protección dun gardacostas e a súa saúde nunca se recuperou totalmente. Finalmente, a comezos de 2006, a novela publicouse en Exipto cun prólogo de Ahmad Kamal Abu Almajd.
Traxectoria literaria[editar | editar a fonte]
Durante os primeiros anos, Mahfús dedicouse fundamentalmente á novela histórica, ambientada no Exipto dos faraóns, así como artigos filósoficos e literarios. Porén, tras o remate da segunda guerra mundial e a publicación de Jan al-Jalili en 1945, Mahfús abandonou a novela histórica e centrouse na realidade contemporánea. Abondan nesta época as novelas con nomes de rúas e barrios do Cairo, que describen os habitantes da cidade, desde as clases máis populares ata a pequena burguesía. A obra máis destacada desta época é A ruela dos milagres (1947). Estas novelas consagraron ao autor como o mellor novelista árabe.
Un fito na súa carreira foi a coñecida como "Triloxía do Cairo", composta por O camiño de Entre-os-pazos, O pazo do desexo e A rúa do Azucre publicadas entre 1956 e 1957. Fillos do noso barrio (1959) anunciou unha mudanza na produción de Mahfús. Malia manterse a ambientación cairota, o realismo vai perdendo peso ante unha visión moito máis espiritual e relixiosa. Os heroes pasan a ser antiheroes solitarios e incomprendidos e extravíase a posibilidade dun cambio social. Novelas coma O ladrón e os cans apostan pola desesperanza.
A finais dos anos 60, como consecuencia da gran derrota árabe fronte a Israel de 1967, as súas novelas transformáronse en diálogos surrealistas e oníricos. Os personaxes expresan un ambiente de pesimismo xeral, como en A taberna do gato negro. A partir de mediados dos 70 Mahfús regresa á novela realista, cunha mestura de temáticas e xéneros de toda a súa traxectoria literaria.
Obras[editar | editar a fonte]
- Antigo Exipto (1932) مصر القديمة
- Rumor de tolemia (1938)همس الجنون
- A maldición de Ra (1939) عبث الأقدار
- Radofis a cortesá (1943) رادوبيس
- O combate de Tebas (1944) كفاح طيبة
- O Cairo moderno (1945) القاهرة الجديدة
- Ghan al-Ghalili 1945 خان الخليلى
- A ruela dos Milagres (1947) زقاق المدق
- Quimeras (1948) السراب
- Que chegue a noite (1949)
- Principio e fin (1950) بداية ونهاية
- A Triloxía do Cairo
- O neno de Guebelaui (1959) أولاد حارتنا
- O ladrón e os cans (1961) اللص والكلاب
- O paspallás e o outono (1962) السمان والخريف
- O mundo de Deus (1962) دنيا الله
- Zaabalawi (1963)
- A busca (1964) الطريق
- O mendiño (1965) الشحاذ
- Unha casa de mal nome, relatos, (1965)
- Parolas sobre o Nilo (1966) ثرثرة فوق النيل
- Miramar (1967) ميرامار
- A taberna do gato negro, relatos, (1969)
- Ao abeiro, relatos, (1969)
- O conto de nunca acabar, relatos, (1971)
- A lúa de mel, relatos, (1971)
- Espellos (1972) المرايا
- Amor baixo a choiva, relatos, (1973)
- O crime, relatos, (1973)
- Karnak, relatos, (1974) الكرنك
- Excelentísimo (1975) حضرة المحترم
- Do noso barrio, (1975)
- No medio da noite, relatos, (1975)
- Os Harafix (1977) ملحمة الحرافيش
- Amor ao pé das prámides, relatos, (1979)
- Satán reza (1979)
- Amor e veol (1980)
- Noites e días árabes (1981) ليالى ألف ليلة
- Canción de voda (1981)
- As mil e unha noites, relatos, (1982)
- Vin ao soñar, relatos, (1982)
- Hora un, relatos, (1982)
- Ante o trono (1983)
- A viaxe de Ibn Fattouma (1983) رحلة إبن فطومة
- A organización secreta, relatos, (1984)
- Aquenatón, o habitante da verdade (1985) العائش فى الحقيقة
- O día en que mataron o líder (1985)
- Declaracións da noite e do día (1987))
- Mañá de rosas (1987)),
- Quchtumar (1988)),
- Fonte e tumba (1988)
- O mencer tramposo (1987))
- Retrincos dunha autobiografía (1996))
Traducións[editar | editar a fonte]
Non hai ningunha obra de Mahfús traducida ao galego.
Premios[editar | editar a fonte]
Ademais do Nobel de Literatura en 1988, Mahfús recibiu en 1972 o Premio Nacional das Letras Exipcias e canda el a máxima honra do seu país: o Colar da República.
Cine[editar | editar a fonte]
En 1995 o director mexicano Jorge Fons, levou ao cine a súa novela A ruela dos milagres, que trasladou do Cairo á Cidade de México. Uns anos antes (1993), o produtor deste filme, o tamén mexicano Arturo Ripstein dirixira Principio e fin, tamén sobre unha novela de Mahfús.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Naguib Mahfús |