Kenzaburō Ōe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kenzaburō Ōe
Nobel prize medal.svg
Paris - Salon du livre 2012 - Kenzaburō Ōe - 003.jpg
Nacemento31 de xaneiro de 1935 (87 anos)
Lugar de nacementoŌse
NacionalidadeXapón
Alma máterEscola Martí Poch
Ocupaciónnovelista, ensaísta, guionista, profesor universitario e escritor de ciencia ficción
FillosHikari Ōe
Coñecido porA Personal Matter e The Silent Cry
PremiosPremio Nobel de Literatura, comendador da Lexión de Honor, Prémio Akutagawa, Kawabata award, Shinchosha literature award, Prémio Tanizaki, Sei Itō Award e Asahi Prize
Na rede
IMDB: nm0644192 Allocine: 686267
Last fm: 大江健三郎 Discogs: 2923301 WikiTree: 大江-4 Genius: Kenzaburo-oe Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Kenzaburō Ōe.

Kenzaburō Ōe (大江 健三郎), nado en Ouse (na actualidade parte do Uchiko, da prefectura de Ehime) o 31 de xaneiro de 1935, é un escritor xaponés. En 1994 converteuse no segundo xaponés gañador do premio Nobel de Literatura. Foi profesor do Colexio de México. O seu fillo, Hikari Ōe, padece de deficiencia mental, o que o levou a escribir Unha cuestión persoal (1964). En español foi traducido polo artista Kazuya Sakai e por Miguel Wandenbergh.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasa a súa infancia e adolescencia en Ouse ata que, en 1954, se traslada a Toquio para iniciar a carreira de Filosofía e Letras. Finaliza a súa licenciatura catro anos despois, especializándose en literatura europea.

A súa vocación literaria parte da necesidade de aliviar o desarraigamento cultural e recuperar o que chamou "a mitoloxía do meu pobo". As súas obras, influenciadas fortemente pola literatura francesa, norteamericana e a teoría literaria, ligan coas ideas políticas, sociais e filosóficas incluíndo as armas nucleares, o non conformismo social e o existencialismo. O seu estilo é directo, de frases curtas e contundentes, que se nutren de poderosas imaxes poéticas e abundantes reflexións metafísicas.

En 1958 recibe o Premio Akutagawa pola súa novela "En Presa|Toma", na que narra as súas vivencias infantís.

En 1963 nace o seu fillo Hikari (luz), discapacitado por unha hidrocefalia e condenado ao autismo. Este acontecemento vaise a converter no eixo principal da súa vida e da súa obra. Os seus títulos máis importantes, como Unha cuestión persoal, Dinos como sobrevivir á nosa tolemia ou O berro silencioso virarán, en maior ou menor medida, en torno ao tema do seu fillo, como tamén ¡Espertade, oh novos da nova era! .

No ano 1994 foi galardoado co Premio Nobel de Literatura, xa que segundo a Academia Sueca, que coa forza poética da súa obra creou un mundo imaxinario, onde a vida e a mente se condensan para formar un cadro desconcertante dos problemas do home nos nosos días.

Obra seleccionada[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]