Sigrid Undset
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de maio de 1882 Kalundborg (Dinamarca) |
| Morte | 10 de xuño de 1949 Lillehammer (Noruega) |
| Lugar de sepultura | Mesnali Churchyard (en) |
| Relixión | Catolicismo |
| Educación | Fru Ragna Nielsens skole (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Haxiografía |
| Lugar de traballo | Nova York (1941–1945) |
| Ocupación | novelista, guionista, prosista, escritora, tradutora, poetisa |
| Período de actividade | 1907 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Literatura histórica |
| Orde relixiosa | Orde dos Predicadores |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Cónxuxe | Anders Svarstad (1912–1927) |
| Pais | Ingvald Undset |
| Cronoloxía | |
| novembro de 1924 | conversión relixiosa |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Унсет Сигрид) Store norske leksikon (pt) Norsk biografisk leksikon (pt) |
Sigrid Undset, nada en Kalundborg (Dinamarca) o 20 de maio de 1882 e finada en Lillehammer o 10 de xuño de 1949, foi unha escritora norueguesa.
Biografía
[editar | editar a fonte]Filla de Ingvald Undset, arqueólogo de renome internacional especializado na Idade de Ferro en Europa, naceu en Dinamarca, pero a súa familia trasladouse a Noruega cando ela contaba con dous anos. Realizou os seus estudos en Oslo, pero non puido ir á universidade a causa da morte do seu pai. Traballou como secretaria nunha importante empresa de enxeñaría cando contaba con dezaseis anos.
As súas primeiras novelas foron Fru Marta Oulie (1907), Jenny (1911) e Vaaren (1914), nas que escribe en contra dos defensores do «amor libre». Incrementou e consolidou a súa fama con De kloge jomfruer (1918) e o ensaio Et kvindesynspunk (1919).
As súas obras máis coñecidas son Kristin Lavransdatter (1920-1922) e Olav Audunssön (1925-1927), nas que trata o permanente conflito entre o amor terreal e o divino.
Converteuse ao catolicismo en 1924, experiencia que narrou en Gymnadenia (1929) e en Den brændende busk (1930). Profesou na Terceira Orde da Penitencia de Predicadores como Dominica segrar. En 1940 trasladouse aos Estados Unidos, a causa da súa oposición á Alemaña nazi e a ocupación alemá de Noruega, onde participou activamente en movementos de loita contra os nazis. Volveu a Noruega en 1945, tras a finalización da segunda guerra mundial.
Outras obras que cabe destacar son as novelas Den trofaste hustru (1936) e Madame Dorothea (1939), a súa autobiografía, Elleve aar (1934) e a súa famosa biografía sobre Catarina de Siena (1951).
Foi galardoada en 1928 co premio Nobel de Literatura.
Obra publicada
[editar | editar a fonte]
|
|
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sigrid Undset |
