François Mauriac
François Mauriac | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | François Charles Mauriac |
Alcume | Forez e François Sturel |
Nacemento | 11 de outubro de 1885 |
Bordeos | |
Falecemento | 1 de setembro de 1970 |
París | |
Soterrado | Vémars |
Nacionalidade | Francia |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | École des Chartes, sen etiquetar e Universidade de Bordeaux |
Ocupación | escritor, xornalista, poeta, novelista, dramaturgo, guionista, crítico literario e biógrafo |
Cónxuxe | Jeanne Mauriac |
Fillos | Claude Mauriac, Luce Mauriac, Claire Mauriac e Jean Mauriac |
Irmáns | Pierre Mauriac e Raymond Mauriac |
Coñecido por | Thérèse Desqueyroux, sen etiquetar, sen etiquetar, Le Nœud de vipères, sen etiquetar, Questions of Precedence, La Fin de la nuit, The Dark Angels, A Woman of Pharisees, sen etiquetar, L'Enfant chargé de chaînes, sen etiquetar, La Chair et le Sang, sen etiquetar, Genitrix, Destins, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, Les arbres et les pierres, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar e sen etiquetar |
Premios | Premio Nobel de Literatura, Gran cruz da Lexión de Honor, Grande prémio de romance da Academia francesa e Prix Émile Augier |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
François Mauriac, nado en Bordeos o 11 de outubro de 1885 e finado en París o 1 de setembro de 1970, foi un escritor francés gañador do Premio Nobel de Literatura en 1952.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu no seo dunha familia profundamente católica. Sendo novo quedou baixo a custodia da súa nai debido ao falecemento do seu pai. Estudou bacharelato en Cauderan cos marianistas e logo licenciouse en Letras pola Universidade de Bordeos.
No ano 1906 trasladouse a París, onde escribe o seu primeiro libro de versos Les mains jointes, cinco anos máis tarde escribiu a súa primeira novela O neno cargado de cadeas.
Participou como soldado durante a primeira guerra mundial, onde enfermou gravemente. En 1933 foi nomeado membro da Academia Francesa. Durante a Guerra civil española, simpatizou co bando republicano e despois ao estalar a segunda guerra mundial formou parte da Resistencia francesa contra a invasión nazi. Editou as revistas Les Lettres Francaises e Le Cahier Noir, nas que denunciaba e criticaba as torturas e asasinatos cometidos contra os patriotas franceses.
Ao finalizar a guerra realizou unha segunda incursión no teatro, pero do mesmo xeito que ocorreu coa primeira Asmodée (1938), non tivo o mesmo éxito que as súas novelas. Colaborou co xornal conservador Le Figaro, para pasar máis tarde ao recentemente creado L'Express. O seu apoio nas súas páxinas ao xeneral Charles de Gaulle fíxolle pórse a mal cos seus compañeiros polo que volveu a Le Figaro. Anos máis tarde debido á súa defensa da causa alxeriana, recibiu ameazas da organización terrorista de extrema dereita OAS.
Obras[editar | editar a fonte]
- Les mains jointes
- O neno cargado de cadeas
- Le baiser au lépreux 1922
- Genitrix 1923, (trama localizada en Langon)
- Le Désert de l'amour 1925
- Thérèse Desqueyroux 1927
- Le Nœud de vipères 1932
- Le mystère Frontenac 1933
- Asmodée 1938
Entre as súas últimas obras atópanse tres libros de memorias: