Verner von Heidenstam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
André Gide
Nobel prize medal.svg
Johan Krouthén - Porträtt av Verner von Heidenstam.jpg
Retrato de Verner von Heidenstam
Datos persoais
Nacemento 6 de xullo de 1859
Lugar Olshammar Suecia Suecia
Falecemento 20 de maio de 1940 (80 anos)
Lugar Estocolmo Suecia Suecia
Actividade
Lingua Sueca
Xéneros Poesía, novela

Carl Gustaf Verner von Heidenstam, nado en Olshammar o 6 de xullo de 1859 e finado en Estocolmo o 20 de maio de 1940, foi un escritor sueco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu intento de ser artista levouno a estudar pintura na Academia de Estocolmo, estudos que deixou ao pouco tempo para iniciar unha extensa viaxe por Europa, África e Oriente. A súa obra Vallfart och vandringsar (Anos de peregrinación e vagabundeo, 1888), unha colección de poemas líricos que foron baseados nas súas vivencias durante o seu percorrido no Oriente, sinalou o seu comezo de disidencia co naturalismo.

O seu amor por beleza reflíctese en Hans Alienus (1892), unha novela alegórica. Dikter (Poemas, 1895) e Karolinerna (Os soldados de Carlos, 2 vols., 1897-1898), unha novela histórica, levan nas súas páxinas a mesma paixón nacionalista que na das súas demais obras.

Pola súa obra Nya Dikter, publicada en 1915, un volume de poemas líricos, fóiselle outorgado o premio Nobel de Literatura en 1916.

Obra publicada[editar | editar a fonte]

  • 1888: Från Col di Tenda till Blocksberg
  • 1888: Vallfart och vandringsår
  • 1889: Renässans
  • 1889: Endymion
  • 1892: Hans Alienus
  • 1895: Dikter
  • 1897-1898: Karolinerna
  • 1900: Sankt Göran och draken
  • 1901: Heliga Birgittas pilgrimsfärd
  • 1902: Ett folk
  • 1904: Skogen susar
  • 1905-1907: Folkungaträdet, 2 volums
  • 1910: Svenskarna och deras hövdingar, assaig
  • 1915: Nya dikter
  • 1941: När kastanjerna blommade, obra pòstuma

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Verner von Heidenstam

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]