Saul Bellow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saul Bellow
Nobel prize medal.svg
Saul Bellow and Dejan Stojanovic 1.jpg
Saul Bellow e Dejan Stojanovic en 1992.
Nacemento 10 de xuño de 1915
Lugar Lachine, Canadá
Falecemento 5 de abril de 2005 (89 anos)
Lugar Brookline, Massachusetts, Estados Unidos
Nacionalidade Estados Unidos de América
Etnia Américo-canadianos e Xudeus
Relixión Xudaísmo
Alma máter Universidade de Wisconsin-Madison, Universidade de Chicago e Universidade Northwestern
Ocupación escritor, novelista, catedrático de universidade, ensaísta e Autor
Cónxuxe Alexandra Bellow
Fillos Adam Bellow
Xéneros novela
Coñecido/a por As Aventuras de Augie March, Herzog e Henderson the Rain King
Premios Premio Nobel de Literatura, Bolsa Guggenheim, National Medal of Arts, National Book Award for Fiction, National Book Award for Fiction, National Book Award for Fiction, Prémio Pulitzer de Ficção, Jefferson Lecture, St. Louis Literary Award, Prémio PEN/Malamud, Helmerich Award, Common Wealth Award of Distinguished Service, Emerson-Thoreau Medal e Prix Formentor
editar datos en Wikidata ]

Saul Bellow, nado en Lachine (Québec) o 10 de xuño de 1915 e finado en Brookline (Massachusetts) o 5 de abril de 2005, foi un escritor norteamericano de orixe xudía. Naceu no Canadá, pero viviu desde pequeno nos Estados Unidos. Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1976.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia xudía de orixe rusa. Aos 9 anos a súa familia trasladouse a Chicago. Participou como soldado na II Guerra Mundial, estudou na Universidade de Northwestern e foi profesor da de Chicago. Estivo casado en cinco ocasións. Considéraselle un referente dentro do grupo de escritores norteamericanos de relixión xudía da segunda metade do século XX.

A súa primeira novela, Dangling man (1944), reflicte a ansiedade e a preocupación dun mozo que espera ser mobilizado en tempo de guerra. A esta primeira novela seguiulle The victim (1947). Tras obter unha bolsa da fundación Guggenheim, Bellow viviu durante un tempo en Europa, onde escribiu a maior parte de The Adventures of Augie March (1953). Esta novela, un longo relato libremente estruturado cun heroe propio da picaresca, ofrece un vivo e humorístico retrato da comunidade xudía de Chicago a través dun mozo en busca da súa identidade. A humanidade moderna, ameazada con perder a súa identidade pero aínda non destruída espiritualmente, é o tema das súas obras posteriores, Seize the Day (1956) e Henderson the Rain King (1959). Herzog (1964) e Mr. Sammler's Planet (1970), galardoadas co National Book Award (Premio Nacional do Libro), retratan aos intelectuais xudeus na súa loita contra o malestar espiritual que os rodea.

Pulitzer e Nobel[editar | editar a fonte]

Bellow recibiu o Premio Pulitzer en 1976 por Humboldt's Gift (1975) e tres meses máis tarde foi laureado co Premio Nobel de Literatura (1976) pola comprensión e análise sutil que realiza da sociedade contemporánea nos seus traballos. O autor prosegue a súa análise da cultura contemporánea en The Dean's December (1982). Bellow dominou o escenario da ficción americana, en especial o do romance xudeu-americano na posguerra. O seu traballo expresa a ascensión da sensibilidade dos inmigrantes xudeus a un lugar de poder e visión na América urbana contemporánea, ben como a angustia moral daqueles que se viron como "superviventes" do Holocausto - como Sammler, heroe de seu libro Mr. Sammler's Planet.

Obras[editar | editar a fonte]

Ficción[editar | editar a fonte]

  • Dangling Man (1944)
  • The Victim (1947)
  • The Adventures of Augie March (1953)
  • Seize the Day (1956)
  • Henderson the Rain King (1959)
  • Herzog (1964)
  • Mosby's Memoirs (contos que aparecen tamén en Collected Stories) (1968)
  • Mr. Sammler's Planet (1970)
  • Humboldt's Gift (1975), co que gañou o Pulitzer de 1976
  • The Dean's December (1982)
  • Him with His Foot in His Mouth (contos que aparecen tamén en Collected Stories) (1984)
  • More Die of Heartbreak(1987)
  • A Theft (1989)
  • The Bellarosa Connection (1989)
  • Something to Remember Me By: Three Tales (cos contos A Theft e The Bellarosa Connection) (1991)
  • The Actual (1997)
  • Ravelstein (2000)
  • Collected Stories (2001)

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • To Jerusalem and Back (1976)
  • It All Adds Up (1994)
  • Graven Images (1997)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Site Nobel con dous discursos (un gravado) e biografía.