Ivo Andrić
Ivo Andrić ![]() | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 9 de outubro de 1892 e 10 de outubro de 1892 |
Lugar de nacemento | Dolac |
Falecemento | 13 de marzo de 1975 |
Lugar de falecemento | Belgrado |
Soterrado | Novo Cemitério de Belgrado |
Nacionalidade | República Federal Socialista de Iugoslavia, Imperio Austrohúngaro, Reino dos Sérvios, Croatas e Eslovenos, Reino de Iugoslavia e Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios |
Alma máter | Universidade de Graz, Faculty of Humanities and Social Sciences, University of Zagreb, Universidade de Viena e Faculty of Philosophy of the Jagiellonian University |
Ocupación | escritor, novelista, diplomático, poeta e ensaísta |
Cónxuxe | Milica Babić-Jovanović |
Xéneros | Novela, relato curto |
Coñecido por | Na Drini ćuprija, Omerpaša Latas, Ex Ponto, Travnik Chronicle, O Pátio Maldito, O priči i pričanju, sen etiquetar e Most na Žepi |
Premios | Premio Nobel de Literatura, Order of the Hero of Socialist Labour e Ordem de Mérito da Águia Alemã |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ivo Andrić, nado en Dolac o 9 de outubro de 1892 e finado en Belgrado o 13 de marzo de 1975, foi un escritor iugoslavo en serbocroata. Gañou o Premio Nobel de Literatura en 1961.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ivan Andrić naceu preto de Travnik (Bosnia e Hercegovina, entón parte de Austria-Hungría) nunha familia católica de bosníacos croatas de Saraxevo. Comezou a súa educación no instituto desa cidade, continuando os seus estudos en Zagreb, Viena e Cracovia. Debido ás súas actividades políticas as autoridades austríacas detivérono durante a primeira guerra mundial.
Cando se formou o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos ( despois denominado Reino de Iugoslavia), Andrić ocupou diversos postos diplomáticos, incluído o de embaixador en Alemaña (1939-1941), onde tentou impedir o encarceramento de moitos intelectuais polacos, atopando obstáculos do seu propio goberno, polo que presenta a súa dimisión, retirouse a vivir en Belgrado.
Andrić publicou o seu primeiro poema en 1911. O material da súa literatura tómao da historia, folclore e cultura da súa Bosnia natal. Andrić escribiu as súas primeiras obras en lingua croata (30 % da súa obra), pasando despois a escribir en lingua serbia (70 % da súa obra), mentres apoiaba a noción dunha lingua serbocroata, como a maioría dos serbios e croatas contemporáneos.
Obras[editar | editar a fonte]
- Put Alije Đerzeleza (A viaxe de Alija Đerzelez), 1920.
- Na Drini ćuprija (A ponte sobre o Drina), 1945. Traducido ao galego por Jairo Dorado Cadilla.
- Gospođica (Señorita), 1945.
- Travnička hronika (A crónica de Travnik), 1945.
- Priča o vezirovom slonu (O elefante de Vizier), 1948.