Mo Yan
Mo Yan | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Mo Yan |
Nacemento | 17 de febreiro de 1955 |
Lugar de nacemento | Gaomi |
Nacionalidade | República Popular da China |
Alma máter | Academia de Arte do Exército de Libertação Popular e Universidade Normale de Pequim |
Ocupación | escritor, novelista, mestre e guionista |
Coñecido por | Red Sorghum, The Republic of Wine e Life and Death Are Wearing Me Out |
Premios | Premio Nobel de Literatura, Premio Nonino, honorary doctor of the Chinese University of Hong Kong e Fukuoka Asian Culture Prize |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Guan Moye (en chinés tradicional 管謨業, en chinés simplificado 管谟业, en pidgin Guǎn Móyè), nado en Gaomi (Shandong) o 17 de febreiro de 1955, é un escritor chinés, máis coñecido co pseudónimo de Mo Yan (en chinés tradicional 莫言, en pidgin Mò Yán), que significa "Non fales"[1]. Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 2012.
Acadou sona en occidente especialmente pola adaptación cinematográfica que o director Zhang Yimou fixo dunha das súas novelas, co título de Hang gao Liang ("Sorgo vermello").
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu na provincia de Shandong, nunha familia de granxeiros. Deixou a escola durante a Revolución Cultural para traballar nunha fábrica de petróleo. Con 20 anos alistouse no Exército Popular de Liberación, as actuais forzas armadas do seu país, e nesa época comezou a escribir. En 1981 publicou a súa primeira novela. En 1984 obtivo un posto na Escola de Arte e Literatura do Exército, o que lle permitiu dedicar máis tempo a escribir. En 1996 publicou 丰乳肥臀 ("Grandes peitos anchas cadeiras"), novela que foi prohibida na China, e no que desde unha visión feminina revisa case un século da historia do seu país.
Estilo[editar | editar a fonte]
O seu estilo foi comparado co realismo máxico de Gabriel García Márquez ou mesmo con Franz Kafka, William Faulkner ou Fiódor Dostoievski debido á súa introspección e a análise que fai da crueza do home e a sociedade. Realismo alucinatorio segundo a Academia Sueca. Emprega unha lingua cruel e elegante ao tempo. Inzada de imaxes imposibles por veces estremadamente violentas e en ambientes rurais, onde as mulleres sofren inxustizas e a sociedade abondas mostras de abuso de poder, corrupción e submisión. E resulta especialmente hábil en contar historias desta sorte evitando a peneira da censura chinesa.
Adaptacións[editar | editar a fonte]
Varias das súas novelas foron levadas ao cine:
- Hóng Gāoliáng (1987; dirixida por Zhang Yimou)
- Xìngfú Shíguāng (2000; dirixida por Zhang Yimou).
- Nuǎn (2003; dirixida por Huo Jianqi)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "La voz recuperada de Mo Yan", artigo en El País, 10 de maio de 2008 (en castelán).