Isaac Bashevis Singer
Isaac Bashevis Singer | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Bashevis, Warszawski e D. Segal |
Nacemento | 21 de novembro de 1902 e 14 de xullo de 1904 |
Radzymin, Polonia | |
Falecemento | 24 de xullo de 1991 |
Miami, Florida | |
Causa | Ictus |
Soterrado | Cedar Park Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América, Polonia e Imperio Ruso |
Etnia | Pobo xudeu |
Ocupación | tradutor, novelista, esperantista, autobiógrafo, xornalista, escritor de literatura infantil, escritor, guionista e prosista |
Cónxuxe | Alma Wassermann |
Irmáns | Esther Kreitman e Israel Joshua Singer |
Xéneros | Prosa |
Coñecido/a por | O mago de Lublin e Gimpel the Fool |
Premios | Premio Nobel de Literatura, National Book Award, Itzik Manger Prize, Buber-Rosenzweig-Medal, honorary doctor of Ben-Gurion University e honorary doctor of the University of Miami |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Isaac Bashevis Singer (en yidish: יצחק באַשעװיס זינגער), nado en Leoncin ou Radzymin, segundo algunhas fontes (Polonia, nesa época forma parte do Imperio ruso) o 21 de novembro de 1902 e finado en Miami, Florida o 24 de xullo de 1991, foi un escritor xudeu e cidadán polaco. En 1978 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Singer daba como a súa data de nacemento o 14 de xullo de 1902, aínda que se cre que naceu o 21 de novembro de 1902. En todo caso no ano 2004 celebrouse o centenario do seu nacemento.
Singer era fillo e neto de rabinos e irmán do novelista Israel Yehoshua Singer. Creceu no barrio xudeu de Varsovia -rodeado por un recorrente escenario de violencia antisemita en forma de pogroms-[1] onde se falaba yidish. Casou con Runia Shapira, con quen tivo un fillo, Israel. En 1935 e ante o temor da ofensiva nazi[1] emigrou ós Estados Unidos e separouse da súa esposa. Neste país comezou a escribir como xornalista e columnista de The Daily Forward, un diario dirixido á colectividade xudía de Nova York escrito en Yidish. Singer escribiu case toda a súa obra en yidish.
En 1940 Singer casou con Alma Haimann, con quen viviu até a súa morte.
Ademais do Nobel, outorgóuselle o National Book Award en 1973.
Traducións ao galego[editar | editar a fonte]
- O Golem (Xerais, 1989), tradución de Anxo Romero Louro
- O mago de Lublin (Rinoceronte, 2019), tradución de Moisés Barcia.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isaac Bashevis Singer |