Tomas Tranströmer
Tomas Tranströmer ![]() | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Tomas Gösta Tranströmer |
Nacemento | 15 de abril de 1931 |
![]() | |
Falecemento | 26 de marzo de 2015 |
Estocolmo | |
Causa | Ictus |
Soterrado | Katarina kyrkogård |
Nacionalidade | Suecia |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | Universidade de Estocolmo e Södra Latin |
Ocupación | lingüista, poeta, tradutor, psicólogo e escritor |
Cónxuxe | Monica Bladh |
Fillos | Emma Tranströmer e Paula Tranströmer |
Xéneros | Poesía |
Coñecido/a por | Baltics, For the Living and the Dead e The Sorrow Gondola |
Premios | Premio Nobel de Literatura, Litteris et Artibus, Neustadt International Prize for Literature, Prémio Literário do Conselho Nórdico, Aftonbladet Literary Award, Aniara Award, Professor, Grande Prémio dos Nove, Prémio Nórdico da Academia Sueca, Kellgren Award, Prémio August, Premio Nonino, sen etiquetar, Golden Wreath, Sveriges Radio's Poetry Prize, sen etiquetar e Gerard Bonnier Poetry Award |
Na rede | |
http://tomastranstromer.net | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tomas Tranströmer Gösta, nado o 15 de abril de 1931 en Estocolmo e finado o 26 de marzo de 2015[1], foi un escritor, poeta e tradutor sueco, cuxa poesía foi traducida a máis de 60 idiomas. Foi o gañador do Premio Nobel de Literatura 2011, "xa que, a través das súas condensadas, transparentes imaxes, dános un acceso fresco á realidade".[2] Tranströmer é aclamado como un dos escritores escandinavos, máis importantes dende a segunda guerra mundial. Os críticos eloxiaron os poemas de Tranströmer pola súa accesibilidade, mesmo na tradución; as súas descricións dos longos invernos suecos, o ritmo das estacións e a palpable beleza da natureza.
Vida[editar | editar a fonte]
Tranströmer recibiu a súa educación secundario na Escola Södra Latin de Estocolmo, graduándose en Psicoloxía, Historia da Literatura e Historia das Relixións na Universidade de Estocolmo en 1956. Comezou a escribir ao trece anos, publicando a súa primeira colección de poemas, 17 dikter (Dezasete poemas) en 1954. A súa antoloxía máis recente, Dean stora gåtan (Gran enigma), foi publicada no 2004. Tamén editou unha autobiografía curta, Minnena ser mig (Os lembranzas míranme - Visión da memoria), en 1993.
Outros poetas, especialmente na década de 1970, acusárono de apartarse da tradición e de non incluír temas sociais nos seus poemas e novelas. O seu traballo apóiase nunha linguaxe modernista, expresionista e ás veces surrealista, con retratos aparentemente simples a partir da vida diaria e da natureza en detalle, revela unha penetración mística en canto aos aspectos universais da mente humana. En 1990, sufriu unha hemiplexía que afectou o seu discurso, mais continúa a escribír. Gustáballe tamén tocar o piano[3] .
Crítica[editar | editar a fonte]
A crítica internacional considérao un dos poetas máis sobresaíntes de Suecia. En 2011 foi galardoado co Premio Nobel de Literatura; previamente gañara o premio Bonnier de poesía, o premio internacional Neustadt de literatura, o Oevralids, o Petrach de Alemaña, e o galardón sueco do Foro Internacional da Poesía. A súa obra poética foi traducida a máis de sesenta idiomas.
Obra[editar | editar a fonte]
Coleccións suecas[editar | editar a fonte]
- 17 dikter 1954
- Hemligheter på vägen, 1958
- Den halvfärdiga himlen, 1962
- Klanger och spår, 1966
- Mörkerseende, 1970
- Stigar, 1973
- Östersjöar, 1974
- Sanningsbarriären, 1978
- Det vilda torget, 1983
- För levande och döda, 1991
- Sorgegondolen, 1996
- Den stora gåtan, 2004
- Galleriet: Reflected in Vecka nr.II, 2007
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Morre o Nobel de Literatura Tomas Tranströmer". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2015.
- ↑ Redacción (6 de outubro de 2011). "El poeta sueco Tomas Tranströmer, premio Nobel de Literatura". elpais.com (en castelán). Consultado o 6 de outubro de 2023.
- ↑ Jean-Pierre Thiollet, 88 notes pour piano solo, Neva Editions, 2015, p.154-155. ISBN 978-2-3505-5192-0