Romain Rolland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Romain Rolland
Nobel prize medal.svg
Romain Rolland 1915.jpg
Romain Rolland en 1915.
Nacemento 29 de xaneiro de 1866
Lugar Clamecy, Nièvre, Francia
Falecemento 30 de decembro de 1944
Lugar Vézelay, Borgoña, Francia
Causa tuberculose
Nacionalidade Francia
Alma máter Escola Normal Superior de Paris e Lycée Louis-le-Grand
Ocupación escritor, dramaturgo, ensaísta, historiador, novelista e musicólogo
Xéneros drama, novela, biografías, ensaios
Coñecido/a por Jean-Christophe
Premios Premio Nobel de Literatura, Prêmio Femina e Grande prémio de literatura da Academia francesa
editar datos en Wikidata ]

Romain Rolland, nado en Clamecy, Nièvre, o 29 de xaneiro de 1866 e falecido en Vézelay o 30 de decembro de 1944, foi un escritor francés.

O seu primeiro libro foi publicado en 1902, cando tiña 36 anos. Trece anos máis tarde, gañou o Premio Nobel de Literatura de 1915 "como tributo ao elevado idealismo da súa produción literaria e á simpatía e o amor pola verdade co cal describiu diversos tipos de seres humanos."

A súa existencia estivo marcada pola paixón, pola música e o heroísmo, e durante toda a súa vida buscou medios de comuión entre os homes . Atormentado polo seu ideal humanista e á súa insistencia pola xustiza e os seus ideais humanistas, buscou a paz durante e logo da Primeira Guerra Mundial. Foi un gran admirador de Leon Tolstoi, gran figura da non violencia, dos filósofos da India ("Conversacións con Rabindranath Tagore", e Mohandas Gandhi), dos ensinos de Ramakrishna e Vivekananda; quedou fascinado por Bahá'ou'lláh (a quen fai referencia en Clerambault, novela na que expón as súas ideas sobre a guerra), e posteriormente polo novo mundo que a Unión Soviética preconizaba nos seus comezos. Pero en ningures senón na escritura das súas obras soubo atopar paz. Romain Rolland recibiu o forte influxo da filosofía hinduísta do Vedanta, tema ao que dedicou varios libros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Clamecy, Nièvre, Francia, no seo unha unha familia de notarios, aínda que entre os seus ascendentes había tanto labregos como xente notable. Escribindo introspectivamente no seu Voyage intérieur (1942), viuse a si mesmo como un representante das "especies antigas". Faría participar a estes devanceiros no truculento e subido de ton relato Colas Breugnon (1919).

Aceptado na École normale supérieure en 1886, primeiro estudou filosofía, pero a súa independendia de espírito levoulle a abandonala para non someterse á súa ideoloxía dominante. Graduóse en Historia en 1889 e pasou dous anos en Roma, onde o seu encontro con Malwida von Meysenburg - quen fora amiga de Nietzsche e de Wagner - e o seu descubrimento das obras mestras italianas foron decisivas no desenvolvemento do seu pensamento. Cando regresou a Francia en 1895, recibiu o seu doutoramento coa tese "As orixes do teatro lírico moderno" e a súa disertación doutoral "Unha Historia da Ópera en Europa antes de Lully e Scarlatti".

Mestre, pacifista e solitario[editar | editar a fonte]

Fíxose profesor de historia no Lycée Henri IV, no Lycée Louis lle Grand, e na École française de Rome, logo profesor de Historia da Música na Sorbona, e Profesor de Historia na École Normale Supérieure.

Esixente, tímido e xove, non lle gustaba ensinar. Non foi indiferente á mocidade: Jean-Christophe, Olivier e os seus amigos - os heroes das súas novelas - son xoves. Pero cos mozos, como cos adultos, Rolland só mantivo relacións distantes. Desexaba ser sobre todo un escritor. Seguro que a literatura lle daríalle un ingreso modesto, renunciou á universidade en 1912. En 1915 foi galardoado co premio Nobel de Literatura e en 1922 fundou a revista Europe.

Romain Rolland foi un pacifista militante. En 1924, o seu libro sobre Gandhi contribuíu á súa posterior reputación, e ambos se coñeceron en 1931.

Trasladouse ás praias de Lago Léman, Suíza a dedicarse a escribir. A súa vida interrompeuse por problemas de saúde, e por viaxes e exhibicións de arte. A súa viaxe a Moscova (1935), por invitación de Maxim Gorki, foi unha oportunidade para coñecer a Stalin, e serviu en forma non oficial como embaixador dos artistas franceses na Unión Soviética.

En 1937, volveu a vivir a Vézelay, cidade que, en 1940, foi ocupada polos alemáns. Durante a ocupación, illouse nunha completa soidade.

Sen deixar de traballar, en 1940, rematou as súas memorias. Tamén se adicou a dar os toques finais á súa investigación musical sobre a vida de Ludwig van Beethoven. Pouco antes da súa morte, escribiu Péguy (1944), na que examina a relixión e o socialismo no contexto das súas memorias. Morreu en Vézelay.

Obras[editar | editar a fonte]

Obras por xénero[editar | editar a fonte]

Obra completa[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En honor seu, un asteroide, descoberto o 20 de setembro de 1930 per Grigoriy N. Neujmin, foi nomeado como (1269) Rollandia.

Citas[editar | editar a fonte]

"Se hai algún lugar na faciana da terra onde todos os soños dos homes vivos atoparán un fogar desde os primeiros días de cando o home comezou o soño da existencia, ese sitio é a India.... Por máis de 30 séculos, a árbore da visión, cos seus miles de polas e os seus millóns de garabullos, floreceu nesta terra tórrida, o útero ardente dos deuses. Renóvase a si mesma sen cansazo sen mostrar ningún signo de decadencia." [1], Vida de Ramakrishna
"O verdadeiro espírito védico comeza cun sistema de ideas preconcibidas. Posúe absoluta liberdade e coraxe sen rival entre as relixións con respecto polos feitos observados e as diversas hipotésus colocadas para a súa coordinación. Sen ser xamais obstaculizado por unha orde sacerdotal, cada home foi enteiramente libre de buscar dondequeira que puidese satisfacer a explicación espiritual do espectáculo do universo." [2], Vida de Vivekananda

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]