Joseph Brodsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joseph Brodsky
Nome completoИосиф Александрович Бродский
Nacemento24 de maio de 1940
Lugar de nacementoSan Petersburgo
Falecemento28 de xaneiro de 1996 e 25 de xaneiro de 1996
Lugar de falecementoBrooklyn
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoCemetery of San Michele
NacionalidadeUnión Soviética, Estados Unidos de América e apátrida
EtniaPobo xudeu
Alma máterClare Hall e Annenschule
Ocupaciónpoeta, tradutor, ensaísta, escritor, dramaturgo, dramaturgo e profesor de educación superior
CónxuxeMaria Sozzani
Coñecido porGorbunov and Gorchakov
PremiosPremio Nobel de Literatura, Bolsa de estudos Guggenheim, Bolsa MacArthur, Rome Prize, Cabaleiro da Lexión de Honra, honorary citizen of Saint Petersburg, United States Poet Laureate, Golden Wreath, doutor honoris causa e doutor honoris causa
Na rede
IMDB: nm1135458 Musicbrainz: 27cafe48-831c-4cfe-8823-7473f733eb58 Songkick: 2380694 Discogs: 1009021 Allmusic: mn0000824991 Find a Grave: 3369 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Joseph Brodsky, nado como Iosif Aleksandrovich Brodskii (en ruso: Иосиф Александрович Бродский) en Leningrado o 24 de maio de 1940 e finado en París o 28 de xaneiro de 1996, foi un poeta ruso-estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia xudía, seu pai era fotógrafo e súa nai intérprete, asistiu á primaria ata os quince anos e logo converteuse en autodidacta. En 1964 foi acusado de "parasitismo social" (тунеядство) e foi condenado a cinco anos de traballos forzados, pero pasou só un ano e medio nun campo penal de Arjanguelsk, ata que a súa sentenza foi indultada en 1965. Desde entón conservou unha actitude de discreción cara ao réxime e, aínda que nunca foi afiliado á discrepancia política que tantos intelectuais compartían, si mostrou reserva na súa relación coas autoridades soviéticas, como o demostra a súa negativa a pedir visado para concorrer a un encontro internacional de poesía celebrado en Londres en 1969 e ao Festival dos Dous Mundos de Spoleto (Italia). En 1972 tivo dúas breves estadías en Viena e Londres e finalmente asentouse en Estados Unidos, onde adquiriu a súa nova nacionalidade en 1977. Nun dos seus poemas describe os obstáculos que atopou para plasmar as súas ideas e sentimentos en inglés, o seu novo idioma.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foille outorgado o Premio Nobel de Literatura en 1987 por toda unha obra que singulariza pola súa vitalidade e polo seu esforzo analítico dun universo en balance, sobre un fundamento relixioso, aínda que non testemuñal.

Obra[editar | editar a fonte]

Obra en inglés[editar | editar a fonte]

  • 1972: Poems
  • 1980: A Part of Speech
  • 1986: Less Than One: Selected Essays
  • 1992: Watermark
  • 1995: On Grief and Reason: Essays
  • 1996: So Forth: Poems
  • 1999: Discovery

Obras en Ruso[editar | editar a fonte]

  • 1965: Stikhotvoreniia i poemy, Washington, D.C. : Inter-Language Literary Associates
  • 1970: Ostanovka v pustyne, Nova York: Izdatel'stvo imeni Chekhova (Rev. ed. Ann Arbor, Mich.: Ardis, 1989)
  • 1977: Chast' rechi: Stikhotvoreniia 1972-76, Ann Arbor, Mich.: Ardis
  • 1977: Konets prekrasnoi epokhi : stikhotvoreniia 1964-71, Ann Arbor, Mich.: Ardis
  • 1977: V Anglii, Ann Arbor, Mich.: Ardis
  • 1982: Rimskie elegii, Nova York: Russica
  • 1983: Novye stansy k Avguste : stikhi k M.B., 1962-1982, Ann Arbor, Mich.: Ardis
  • 1984: Mramor, Ann Arbor, Mich.: Ardis
  • 1984: Uraniia : novaia kniga stikhov, Ann Arbor, Mich.: Ardis
  • 1989: Ostanovka v pustyne, edición revisada, Ann Arbor, Mich.: Ardis, 1989 (edición orixinal: Nova York: Izdatel'stvo imeni Chekhova, 1970)
  • 1990: Nazidanie : stikhi 1962-1989, Leningrado : Smart
  • 1990: Chast' rechi : Izbrannye stikhi 1962-1989, Moscova: Khudozhestvennaia literatura
  • 1990: Osennii krik iastreba : Stikhotvoreniia 1962-1989, Leningrado: KTP LO IMA Press
  • 1990: Primechaniia paporotnika, Bromma, Suecia : Hylaea
  • 1991: Ballada o malen'kom buksire, Leningrado: Detskaia literatura
  • 1991: Kholmy : Bol'shie stikhotvoreniia i poemy, San Petersburgo: LP VTPO "Kinotsentr"
  • 1991: Stikhotvoreniia, Tallinn: Eesti Raamat
  • 1992: Naberezhnaia neistselimykh: Trinadtsat' essei, Moscova: Slovo
  • 1992: Rozhdestvenskie stikhi, Moscova: Nezavisimaia gazeta (edición revisada en 1996)
  • 1992-1995: Sochineniia, San Petersburgo: Pushkinskii fond, 1992-1995, catro volúmenes
  • 1992: Vspominaia Akhmatovu / Joseph Brodsky, Solomon Volkov, Moscova: Nezavisimaia gazeta
  • 1992: Forma vremeni : stikhotvoreniia, esse, p'esy, Minsk: Eridan, dous volumes
  • 1993: Kappadokiia. – San Petersburgo
  • 1994: Persian Arrow/Persidskaia strela, con debuxos de Edik Steinberg. – Verona: * Edizione d'Arte Gibralfaro & ECM
  • 1995: Peresechennaia mestnost ': Puteshestviia s kommentariiami, Moscova: Nezavisimaia gazeta
  • 1995: V okrestnostiakh Atlantidy : Novye stikhotvoreniia, St. Petersburg: Pushkinskii fond
  • 1996: Peizazh s navodneniem, compilado por Aleksandr Sumerkin. – Dana Point, Cal.: Ardis
  • 1996: Rozhdestvenskie stikhi, Moscova: Nezavisimaia gazeta, edición revisada dun traballo publicado orixinalmente en 1992
  • 1997: Brodskii o Tsvetaevoi, Moscova: Nezavisimaia gazeta
  • 1998: Pis'mo Goratsiiu, Moscova: Nash dom
  • 1996: Sochineniia, San Petersburgo: Pushkinskii fond, oito volumes
  • 1999: Gorbunov i Gorchakov, San Petersburgo: Pushkinskii fond
  • 1999: Predstavlenie : novoe literaturnoe obozrenie, Moscova
  • 2000: Ostanovka v pustyne, San Petersburgo: Pushkinskii fond
  • 2000: Chast' rechi, San Petersburgo: Pushkinskii fond
  • 2000: Konets prekrasnoi epokhi, San Petersburgo: Pushkinskii fond
  • 2000: Novye stansy k Avguste, San Petersburgo: Pushkinskii fond
  • 2000: Uraniia, San Petersburgo: Pushkinskii fond
  • 2000: Peizazh s navodneniem, San Petersburgo: Pushkinskii fond
  • 2000: Bol'shaia kniga interv'iu, Moscova: Zakharov
  • 2001: Novaia Odisseia : Pamiati Iosifa Brodskogo, Moscova: Staroe literaturnoe obozrenie
  • 2001: Peremena imperii : Stikhotvoreniia 1960-1996, Moscova: Nezavisimaia gazeta
  • 2001: Vtoroi vek posle nashei ery : dramaturgija Iosifa Brodskogo, San Petersburgo: Zvezda

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]