Harold Pinter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Harold Pinter
AlcumeDavid Baron
Nacemento10 de outubro de 1930
 Londres
Falecemento24 de decembro de 2008
 Londres
Causacancro de fígado
SoterradoCemitério de Kensal Green
Nacionalidade inglés
EtniaPobo xudeu
Relixiónateísmo
Alma máterCentral School of Speech and Drama e Royal Academy of Dramatic Art
Ocupacióndramaturgo, actor, director de cinema, guionista, escritor, director teatral, poeta, novelista e realizador
PaiJack Haim Pinter
NaiFrances Moskowitz
CónxuxeVivien Merchant e Antonia Fraser
FillosDaniel Brand
Coñecido/a porThe Room, The Birthday Party, The Dumb Waiter e The Caretaker
PremiosPremio Nobel de Literatura, Cabaleiro da Lexión de Honra, Laurence Olivier Award, Comandante da Orde do Imperio Británico, Hermann Kesten Prize, Premio Franz Kafka, Premio América de literatura, Sretenje Order, Companion of Honour, membro da Royal Society of Literature, Austrian State Prize for European Literature, Society of London Theatre Special Award, Critics' Circle Award for Distinguished Service to the Arts e Europe Theatre Prize
Na rede
http://www.haroldpinter.org/
IMDB: nm0056217 Allocine: 6560 Rottentomatoes: celebrity/harold_pinter Allmovie: p106552 TCM: 152793 TV.com: people/harold-pinter-2 IBDB: 6084
Bitraga: 962 Dialnet: 499846 Musicbrainz: 6d9fd654-71aa-4ce7-b344-bf77bb0c4f93 Discogs: 588697 Find a Grave: 32396153 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Harold Pinter, nado en Hackney (Londres) o 10 de outubro de 1930 e finado en Londres o 24 de decembro de 2008, foi un dramaturgo e guionista cinematográfico inglés. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 2005.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Harold Pinter introduciuse no mundo do teatro como actor. A súa primeira peza foi The Room (1957), cun único acto. Despois escribiu moitas comedias, como The Birthday Party (1958), The Caretaker (1960), The Dumb Waiter (1960) ou The Homecoming (1965).

Dedicouse tamén intensamente á radio e a televisión: The Collection (1961), The Lover (1963) e colaborou co director J. Losey. Entre as súas obras recentes están Vellos tempos (Old Times, 1971), No Man's Land (1975), Betrayal (1978) e The Hothouse (1980), Mountain Language (1988), Moonlight (1993), Ashes to Ashes (1996) e Celebration (2000), nas que alternan momentos sombríos e momentos de farsa.

Harold Pinter é tamén un activista político, crítico coa Guerra de Iraq, os gobernos de George W. Bush e Tony Blair, o tratamento turco dos kurdos e defensor de Fidel Castro e Slobodan Milošević. Unha boa mostra da súa ideoloxía pode verse no seu polémico discurso de aceptación do Nobel.

Obra[editar | editar a fonte]

O teatro de Pinter ten como referentes a Franz Kafka, Samuel Beckett e o teatro do absurdo. Os protagonistas padecen as neuroses do home contemporáneo e ocultan os seus sentimentos. A linguaxe é coloquial e está chea de ambigüidades, pausas e silencios, ademais da sensación de inadecuación expresiva.

As dúas obras de Pinter publicadas en galego foron Vellos tempos e A festa de aniversario, nun mesmo volume[1].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casado dúas veces, a segunda con Antonia Fraser. Morreu dun cancro de fígado[2].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]