Orhan Pamuk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orhan Pamuk
Nobel prize medal.svg
Orhanpamuk2.jpg
Nacemento 7 de xuño de 1952 (65 anos)
Lugar Istambul, Turquía Turquía
Nacionalidade Turquía
Ocupación escritor, novelista, guionista, ensaísta e xornalista
Cónxuxe Aylin Türegün (m. 1982, div. 2001)
Xéneros Novela
Coñecido/a por The White Castle, The Black Book, The New Life, My Name Is Red, Snow, Istanbul: Memories and the City e The Museum of Innocence
Premios Premio Nobel de Literatura, Officer of the Legion of Honour, Peace Prize of the German Book Trade, Prix du Meilleur Livre Étranger, Independent Foreign Fiction Prize, International Antalya Golden Orange Film Festival Award for Best Original Screenplay, Grinzane Cavour Prize, Prêmio Literário Internacional IMPAC de Dublin, Prémio Médicis estrangeiro, Ovid Prize, Norman Mailer Prize, Commandeur des Arts et des Lettres‎ e Honorary doctor of the Free University of Berlin
editar datos en Wikidata ]

Orhan Pamuk, nado o 7 de xuño de 1952 en Istambul, Turquía, é un escritor turco contemporáneo, moi coñecido internacionalmente e gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 2006. Nas súas narracións constrúe pontes entre a novela europea moderna e a tradición mística oriental. O seu traballo foi traducido ata agora a 35 linguas e publicado en máis de 100 países.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa implicación política na defensa dos dereitos humanos, crítica coas posturas do goberno turco, pero tamén coas posturas europeas contrarias a admisión de Turquía na Unión Europea sitúano nunha posición intermedia incómoda. As súas opinións sobre puntos escuros da historia turca, coma as matanzas de armenios a primeiros do século XX, nunha entrevista fixéronlle ser inculpado por "insulto ós turcos".

Nado en Istambul nunha familia acomodada (o pai era enxeñeiro), estudou no Robert College, colexio americano en Istambul. Por consello da familia (os pais querían que fora enxeñeiro) entrou na Univerisade Técnica de Istambul, que deixou tres anos despois para dedicarse profesionalmente a escribir. En 1977 acabou os estudos no instituto de xornalismo da universidade de Istambul. Entre os anos 1985 e 1988 viviu nos Estados Unidos en autoexilio, traballando para a Universidade de Columbia. Regresou a Turquía onde vive actualmente. Estivo casado entre os anos 1982 a 2001 e ten unha filla.

O 12 de outubro de 2006 recibiu o Premio Nobel de Literatura por ser un autor que "na procura na alma saudosa da cidade natal, atopou novos símbolos para o conflito e o vencellamento das culturas"

Obra[editar | editar a fonte]

Os principais temas da súa obra son os conflitos e contradicións entre o oeste e o leste, o islam e o cristianismo, a tradición e o mundo contemporáneo. O conflito entre occidentalidade e islam na Turquía actual e, por exemplo, o tema da súa novela de 2002 "Neve".

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • 1974 - Karanlık ve Işık (Escuridade e luz) narra a vida de tres xeracións dunha familia turca
  • 1982 - Cevdet Bey ve Oğulları (Cevdet Bey e os seus fillos).
  • 1983 - Sessiz Ev (A casa do silencio).
  • 1985 - O castelo branco (Beyaz Kale), tradución de Bartug Aykan e Eva Almazán, 2007.
  • 1990 - Kara Kitap (O libro negro), un avogado tenta atopar a súa dona que o abandonou sen explicación.
  • 1995 - Yeni Hayat (A nova vida).
  • 1998 - Benim Adım Kırmızı (Chámome Vermello), novela histórica e de misterio. Un sultán que se fai retratar a través da realización dun libro ilustrado á maneira dos francos, causa unha serie de asasinatos.
  • 2001 - Neve (Kar), tradución de Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos, 2009.
  • 2005 - Istambul. As lembranzas e a cidade (İstanbul: Hatıralar ve Şehir), tradución de Bartug Aykan e Lara Domínguez, 2008.
  • 2008 - O Museo da Inocencia (Masumiyet Müzesi), tradución de Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos, 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]