Louise Glück

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Louise Glück Premio Nobel
Louise Glück circa 1977.jpg
Nacemento22 de abril de 1943
Lugar de nacementoNova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaPobo xudeu
Alma máterUniversidade de Columbia, Sarah Lawrence College e George W. Hewlett High School
Ocupaciónescritora, poeta e ensaísta
CónxuxeJohn Dranow
FillosNoah Dranow
Coñecida porAverno, Meadowlands, The Wild Iris e Faithful and Virtuous Night
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Prémio Bollingen, Prémio Pulitzer de Poesia, PEN New England Award, United States Poet Laureate, Eunice Tietjens Memorial Prize, National Endowment for the Arts Fellowship, National Book Award for Poetry, Medalha Nacional de Humanidades, Premio Nobel de Literatura, National Endowment for the Arts Fellowship, National Endowment for the Arts Fellowship, Lannan Literary Awards, Tomas Tranströmer prize, Wallace Stevens Award e National Book Critics Circle Award for Poetry
Na rede
Dialnet: 3018009
editar datos en Wikidata ]

Louise Glück, nada en Nova York o 22 de abril de 1943, é unha poeta estadounidense en lingua inglesa. Foi a duodécima poeta laureada (2003-2004) pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e concedéronlle o premio Nobel de Literatura en 2020.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Louise Glück é autora de trece libros de poesía, entre os que se inclúen Averno, The Seven Ages, Vita Nova, polo que foi galardoada co Premio de Poesía de The New Yorker, Meadowlands, The Wild Iris, polo que recibiu o Premio Pulitzer de Poesía e o Premio William Carlos Williams da Poetry Society of America, Ararat, polo que obtivo o Premio Nacional de poesía Rebekah Johnson Bobbit; mentres que con The Triumph of Achiles recibiu, entre outros, o National Book Critics Circle Award.

Tamén publicou unha colección de ensaios, Proofs and Theories: Essays on Poetry(1994), coa que gañou o PEN Martha Albrand Award for Nonfiction.

Poemarios publicados[editar | editar a fonte]

Obra traducida para o galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2001, a Universidade de Yale concedeu a Louise Glück o Bollingen Prize. Entre outros galardóns e honores, posúe o Lannan Literary Award, o Sara Teasdale Memorial Prize, a Medalla ao mérito do MIT e recibiu diferentes axudas e bolsas para a creación literaria de institucións coma as fundacións Guggenheim e Rockefeller.

  • Premio Nobel de Literatura en 2020[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tres poemas de Louise Glück". Euseino?. 2020. 
  2. Glück, Louise (20121). Receitas de inverno desde a comunidade. Chan da Pólvora. ISBN 978-84-123183-3-3. 
  3. "O novo de Glück chega esta semana ás librarías, tamén en galego". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-10-27. 
  4. "The Nobel Prize in Literature 2020". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 08 de outubro de 2020. 
  5. Miguel, Luna (08 de outubro de 2020). "La Nobel Louise Glück: una poeta en búsqueda del amor salvaje". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 09 de outubro de 2020.