The Conservationist, Burger's Daughter, July's People, A Sport of Nature, The Pickup e Get a Life
Premios
Premio Nobel de Literatura, oficial da Lexión de Honor, Commandeur des Arts et des Lettres, WH Smith Literary Award, James Tait Black Memorial Prize, Prémio Man Booker, Central News Agency Literary Award, Nelly Sachs Prize, Anisfield-Wolf Book Awards, Rome Prize e Fellow of the Royal Society of Literature
De pai xudeu emigrado de Lituania e nai inglesa, Nadine Gordimer, naceu nun ambiente acomodado e educouse na escola dun convento anglicano. Acudiu durante un ano á Universidade de Witwatersrand sen chegar a graduarse. Contraria ao réxime do apartheid, estivo en posicións políticas próximas ao Congreso Nacional Africano de Nelson Mandela, e sufriu as consecuencias do réxime e tres dos seus libros prohibiunos o réxime. Ensinou en diversas universidades dos Estados Unidos, entre elas Harvard, Princeton e Columbia.
Aínda que comezou a escribir na infancia, foi en 1937 cando publicou o seu primeiro relato, The Quest for Seen Gold, unha historia infantil que apareceu no Children's Sunday Express. En 1949 publicou o seu primeiro libro, Face to Face, unha coleccións de relatos.