Selma Lagerlöf
Selma Lagerlöf | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Selma Ottilia Lovisa Lagerlöf |
Nacemento | 20 de novembro de 1858 |
Lugar de nacemento | Mårbacka e Sunne parish |
Falecemento | 16 de marzo de 1940 |
Lugar de falecemento | Mårbacka e sen etiquetar |
Causa | Ictus |
Soterrada | Östra Ämtervik Church |
Nacionalidade | Suecia |
Etnia | Suecos |
Relixión | luteranismo |
Alma máter | Högre lärarinneseminariet |
Ocupación | novelista, escritora de literatura infantil, biógrafa, mestra, poeta, escritora, prosista, tradutora, artista e autobiógrafa |
Pai | Erik Gustaf Lagerlöf |
Nai | Elisabet Lovisa Wallroth |
Irmáns | Daniel Lagerlöf |
Xéneros | Conto, novela |
Coñecida por | Gösta Berlings Saga, A Maravilhosa Viagem de Nils Holgersson através da Suécia e Jerusalém |
Premios | Premio Nobel de Literatura, Doutor Honoris Causa da Universidade de Uppsala e Order of the Three Stars, 3rd Class |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Selma Lagerlöf, nada en Mårbacka (Värmland) o 20 de novembro de 1858 e finada o 16 de marzo de 1940, foi unha escritora sueca, galardoada co Premio Nobel de Literatura en 1909, sendo a primeira muller en recibilo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era a cuarta filla do tenente Erik Gustaf Lagerlöf e da súa esposa Louise Wallroth. Seus pais pertencían a familias de avoengo no Värmland. Boa parte do que narrou sobre esta rexión sueca tivo a súa orixe nas lendas e contos que escoitaba da súa familia durante a infancia.
Ensinou, como institutriz, na escola feminina Landskrona, entre 1885 e 1895. En 1887 o patrimonio familiar en Mårbacka foi vendido.
En 1891 publicou a Saga de Gösta Berling. Nesta epopea romántica, Lagerlöf deixa estalar a súa imaxinación inxenua e fantástica, que desenvolve nun estilo rítmico e lírico.
O éxito que obtivo con esa obra, e máis tarde con "A marabillosa viaxe de Nils Holgersson" (1906-1907), permitíronlle realizar un dos seus soños, recomprar o patrimonio familiar, o que conseguiu en 1910.
Foi a primeira muller que recibiu o Premio Nobel de Literatura e tamén a primeira muller escollida para a Academia Sueca en 1914. En 1916, publicou unha novela pacifista: O Exiliado.
Faleceu o 16 de marzo de 1940.
Obras[editar | editar a fonte]
- Gösta Berlings saga, novela, 1891.
- Osynliga länkar, relatos, 1894.
- Antikrists mirakler, novela, 1897.
- Drottningar i Kungahälla, relatos, 1899.
- En herrgårdssägen, novela, 1899.
- Jerusalem, novela en dúas entregas (1901-1902).
- Herr Arnes penningar, relatos, 1904.
- Kristuslegender, 1904.
- Nils Holgerssons underbara resa genom Sverige, novela, t. 1, 1906 ; t. 2, 1907.
- En saga om en saga: och andra sagor, 1908.
- Liljecronas hem, 1911.
- Körkarlen, novela, 1912.
- Kejsarn av Portugallien, 1914.
- Troll och människor, t. 1, 1915 ; t. 2, 1921.
- Bannlyst, roman, 1918.
- Zachris Topelius (1920).
- Mårbacka, 1922.
- « Trilogie des Löwenskold »: 3 novelas (1925-1928).
- Löwensköldska ringen, 1925.
- Charlotte Löwensköld, 1925.
- Anna Svärd, 1928.
- Ett barns memoarer, 1930.
- Dagbok för Selma Ottilia Lovisa Lagerlöf, 1932.
- Höst : berättelser och tal, 1933.
- Från skilda tider, t. 1, 1943 et t. 2, 1945.
- Julklappsboken: och andra berättelser, relatos, 1993.