Annie Ernaux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Annie Ernaux
Annie Ernaux.jpg
Nacemento 1 de setembro de 1940
  Lillebonne
Nacionalidade Francia
Educada en University of Rouen
Ocupación autobiógrafa e escritora
Premios Prêmio Renaudot, sen etiquetar e Prix de la langue française
editar datos en Wikidata ]

Annie Ernaux, nada en Lillebonne o 1 de setembro de 1940, é unha escritora francesa. Catedrática e profesora de letras modernas, pasou a súa infancia e a súa mocidade en Yvetot, en Normandía. Gañou o Premio Renaudot por La Place en 1984.

Moi cedo, abandonou a ficción polo autobiográfico, narrando historias da súa infancia na cafetaría-tenda de ultramarinos dos seus pais en Yvetot. Sen ornamentos, conta o ascenso social dos seus pais (La place, La honte), a súa adolescencia (Ce qu'ils disent ou rien), o seu matrimonio (La femme gelée), o seu aborto (L’événement), a enfermidade de Alzheimer (Je ne suis pas sortie de ma nuit) e despois a morte (Une femme) da súa nai por cancro de mama (L'usage de la photo), na linguaxe normanda e aberta da súa vida até os 18 anos.[1]

Escribiu tamén L'écriture comme un couteau con Frédéric-Yves Jeannet.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Les armoires vides, Gallimard, 1974
  • La place, Gallimard, 1983
  • La femme gelée, Gallimard, 1981.
  • Une femme, Gallimard, 1989
  • Ce qu’ils disent ou rien, Gallimard, 1977
  • Passion simple, Gallimard, 1992
  • Journal du dehors, Gallimard, 1993
  • La honte, Gallimard, 1997
  • Je ne suis pas sortie de ma nuit, Gallimard, 1997.
  • La vie extérieure, Gallimard, 2000
  • L’événement, Gallimard, 2000.
  • Se perdre, Gallimard, 2001
  • L’occupation, Gallimard, 2002
  • L’usage de la photo, Gallimard, 2005
  • Les Années, Gallimard, 2008
  • L'Autre fille, Nil, 2011
  • L'Atelier noir, éditions des Busclats, 2011
  • Écrire la vie, Gallimard, 2011
  • Mémoire de fille, Gallimard, 2016.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. José María Plaza, «Estremecedor relato de un aborto», El Mundo, 19 de xuño de 2001(en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lyn Thomas. Annie Ernaux, à la première personnes. París: Stock, 2005 ISBN 2-234-05745-0
  • Fabrice Thumerel. Annie Ernaux: une œuvre de l’entre-deux. París: Artois Presses Université, 2004 ISBN 2-84832-018-4