William Faulkner
William Faulkner, nado en New Albany (Mississippi) o 25 de setembro de 1897 e finado en Oxford o 6 de xullo de 1962, foi un escritor estadounidense. O seu verdadeiro apelido era Falkner, que cambiou por motivos comerciais. Esta considerado o único modernista americano da década de 1930, seguindo a tradición experimental de escritores europeos como James Joyce, Virginia Woolf e Marcel Proust, e coñecido polo seu uso de técnicas literarias innovadoras, como o monólogo interior, a inclusión de múltiples narradores ou puntos de vista e saltos no tempo dentro da narración.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Faulkner criouse preto de Oxford, lugar ao que se trasladou a familia en 1902. Era o maior de catro irmáns dunha familia tradicional sureña. En Faulkner hai unha grande influencia do ambiente xeral do Sur: Mississippi marcou o seu sentido do humor, a súa forte caracterización do carácter típico sureño e os seus temas atemporais.
No ano 1915 deixa os estudos e comeza a traballar no banco do seu avó. Durante a primeira guerra mundial ingresa como piloto da RAF (Real Forza Aérea Británica). Cando regresa á súa cidade, entra como veterano na Universidade de Mississippi, aínda que volve deixar os estudos, agora para dedicarse a escribir. Durante esa época realiza traballos como pintor de teitos e portas, ou carteiro na Universidade de Oxford (de onde o botan polo costume de ler a correspondencia antes de entregala), e publica o seu primeiro e único libro de poemas: The Marble Faun (1924).
Xornalismo e viaxes
[editar | editar a fonte]A partir de 1921 Faulkner traballa como periodista en Nova Orleáns e coñece ao escritor de contos Sherwood Anderson, que o axuda a encontrar un editor para a súa primeira novela, A paga dos soldados (1926).
Pasa unha tempada viaxando por Europa. Ao seu regreso comeza a escribir unha serie de novelas ambientadas no condado ficticio de Yoknapatawpha (inspirado no condado de Lafayette, Mississippi), onde transcorren gran parte dos seus escritos, e do cal fai unha descrición xeográfica e traza un mapa en Absalóm, Absalóm! (1936). Alí pon a vivir 6928 brancos e 9313 negros, como pretexto para presentar personaxes característicos do grupo sudista arruinado do cal era arquetipo a súa propia familia. A primeira destas novelas é Sartoris (1929), na que identificou o coronel Sartoris co seu propio bisavó, William Cuthbert Falkner, soldado, político, construtor ferroviario e escritor. Despois publicou O ruído e a furia, que confirmou a súa madureza como escritor.
Casou con Estelle Oldham, decidindo establecer a súa casa e fixar a súa residencia literaria na pequena vila de Oxford.
A pesar da boa aceptación dos lectores da súas obras, só se vendeu ben Santuario (1931). Os seus temas do mal e a corrupción continúan sendo relevantes na actualidade. A secuela do libro, Requiem for a Nun, é a única obra de teatro que publicou. A introdución é unha única frase que abarca unhas cantas páxinas. Debido ao éxito de Santuario conseguiu un traballo, bastante máis lucrativo, como guionista de Hollywood. En 1946, o crítico Malcolm Cowley, preocupado porque Faulkner era pouco coñecido e apreciado, publicou The Portable Faulkner, libro que reúne extractos das súas novelas nunha secuencia cronolóxica.
Nobel
[editar | editar a fonte]En 1949 outorgáronlle o Premio Nobel de Literatura; en 1955 recibiu o premio Pulitzer pola súa novela Unha fábula; e gañou o National Book Award (postumamente) polas súas Collected Stories. Está considerado un dos creadores de ficción máis monumentais da historia de la Literatura. A influencia de Faulkner na literatura radica en aspectos técnicos que se manifestan no emprego de determinadas fórmulas. Faulkner influiría en autores posteriores en español, como Juan Carlos Onetti, Juan Benet, Gabriel García Márquez, Isabel Allende e Alejo Carpentier, así como en Julio Cortázar e Mario Vargas Llosa.
Faulkner foi coñecido e acusado publicamente polo seu alcoholismo.
Obra
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]- Soldiers' Pay (1926)
- Mosquitoes (1927)
- Sartoris (1929)
- O ruído e a furia (The Sound and the Fury, 1929; traducido ao galego por Xurxo Borrazás)[1]
- As I Lay Dying (1930)
- Sanctuary (1931)
- Light in August (1932)
- Pylon (1935)
- Absalom, Absalom! (1936)
- The Unvanquished (1938)
- The wild palms - If I Forget Thee Jerusalem (1939)
- The Hamlet (1940)
- Go Down, Moses (1942)
- Intruder in the Dust (1948)
- Requiem for a Nun (1951)
- A Fable (1954)
- The Town (1957)
- The Mansion (1959)
- The Reivers (1962)
- Flags in the Dust (1973)
Relatos
[editar | editar a fonte]
|
|
Coleccións de poesía
[editar | editar a fonte]- Vision in Spring (1921)
- The Marble Faun (1924)
- This Earth, a Poem (1932)
- A Green Bough (1965)
- Mississippi Poems (1979)
- Helen, a Courtship and Mississippi Poems (1981)
Guións para cine
[editar | editar a fonte]- Today We Live (1933)
- Camiño da gloria (1936)
- Slave Ship (1937)
- Gunga Din (1939)
- To Have and Have Not (1944)
- The Southerner (1945)
- The Big Sleep (1946)
- Land of the Pharaohs (1955)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Faulkner, William (2007). O ruído e a furia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-9865-046-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: William Faulkner |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William Faulkner |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Faulkner, William". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 882. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Faulkner, William". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Fernández del Riego, Francisco (1974). Letras do noso tempo. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-219-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Gravacións de Faulkner na Universidade de Virxinia (en inglés).