Władysław Reymont
Władysław Reymont | |
---|---|
![]() Władysław Stanisław Reymont | |
Nome completo | Władysław Stanisław Rejment |
Nacemento | 7 de maio de 1867 |
Kobiele Wielkie | |
Falecemento | 5 de decembro de 1925 |
Varsovia | |
Soterrado | Cemitério de Powązki |
Nacionalidade | Imperio Ruso e Segunda República Polonesa |
Etnia | Pobo polaco |
Ocupación | escritor, novelista, guionista e prosista |
Coñecido/a por | Camponeses e Terra Prometida |
Premios | Premio Nobel de Literatura, Ordem da Polónia Restituta e Lexión de Honra |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Władysław Reymont, que é o alias literario de Władysław Rejment, nado en Kobiele-Wielkie o 7 de maio de 1867, finado en Varsovia o 5 de decembro de 1925, foi un novelista polaco, que foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1924.
Seu pai era organista nunha aldea polaca e súa nai era de orixe nobre. Ambos querían que Władysław se fixese sacerdote, pero este tivo outros proxectos. Deixou a escola e desempeñou diversos oficios (actor de teatro, maquinista de ferrocarril), cambiando con frecuencia de lugar de residencia. Viaxou moito por Polonia e a través de Europa, pero a súa paixón sempre foi a literatura. Pertenceu á corrente literaria Polonia Nova.
A máis coñecida das súas novelas, Chłopi (Os labregos), 1904-1909), dividida en catro partes que levaban os nomes das estacións do ano, foi o seu principal aval para conseguir o premio Nobel en 1924, a pesar de que Stefan Zeromski era considerado un mellor candidato para que un escritor en lingua polaca obtivera este premio, pero este era profundamente anti-alemán.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Władysław Reymont |