Gerhart Hauptmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gerhart Hauptmann
Nobel prize medal.svg
Gerhart Hauptmann nobel.jpg
Nacemento15 de novembro de 1862
LugarObersalzbrunn (actual Szczawno Zdrój, Polonia)
Falecemento6 de xuño de 1946
LugarAgnetendorf, Alemaña Alemaña
NacionalidadeImperio Alemán
EtniaPobo alemán
Alma máterUniversidade de Jena
Ocupacióndramaturgo, poeta, letrista, novelista, autobiógrafo, guionista e autor
CónxuxeMargarete Hauptmann
FillosIvo Hauptmann
XénerosNovela, poesía
Coñecido/a porAs Ratazanas, The Assumption of Hannele e Die Weber
PremiosPremio Nobel de Literatura, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Ring of Honour of the city of Vienna, Order of the Red Eagle 4th Class, Prêmio Goethe, Bavarian Maximilian Order for Science and Art, Honorary doctor of the Leipzig University, Honorary doctor of the University of Oxford, honorary doctor of Columbia University e sen etiquetar
Hauptmann Signature.jpg
editar datos en Wikidata ]

Gerhart Hauptmann, nado en Obersalzbrunn (actual Szczawno Zdrój, Polonia) o 15 de novembro de 1862 e finado en Agnetendorf o 6 de xuño de 1946, foi un dramaturgo, novelista e poeta alemán.

Biografía e obras[editar | editar a fonte]

Desde a escola da súa cidade natal pasou a Breslau (actual Wrocław, Polonia) e despois foi enviado a aprender agricultura á granxa do seu tío Jauer. Como non lle gustaba este tipo de vida, volveu pronto a Breslau tentando converterse en escultor, de onde pasou a Dresde. De aí foi estudar filosofía e ciencias naturais na Universidade de Jena.

Pasou a meirande parte dos anos 1883 e 1884 en Italia. En maio de 1885 Hauptmann casou e estableceuse en Erkner, suburbio de Berlín, decantándose finalmente pola literatura na que pronto alcanzou unha gran reputación como un dos principais representantes do drama moderno.

Os teceláns por E. Orlik

En 1891 retirouse a Schreiberhau en Silesia. O primeiro drama de Hauptmann, Vor Sonnenaufgang (Antes do amencer, 1889) inaugurou o movemento naturalista na literatura alemá moderna, conquistando para el a inimizade dos críticos ortodoxos e o apoio entusiasta dos escritores alemáns mozos. Foi seguida por Des Friedensfest (1890), Einsame Menschen (1891) e Die Weber (Os tecedores, 1892), drama de grande alcance que representa o levantamento dos tecedores silesianos en 1844.

Dos seguintes traballos de Hauptmann cabe mencionar as comedias Kollege Crampton (1892), Der Biberpelz (A pel de castor, 1893) e Der rote Hahn (1901), o "poema dramático," Hannele (1893), e un drama histórico, Florian Geyer (1895). Tamén escribiu dúas traxedias relacionadas co pasado de Silesia, Fuhrmann Henschel (1898) e Rose Berndt (1903), e os dramas Die versunkene Glocke (A campá mergullada, 1897) e Und Pippa tanzt (E Pipa baila!, 1905).

O misticismo poético caracteriza moitas das súas obras posteriores como Der Naer in Christo Emanuel Quint (O tolo en Cristo Emanuel Quint, 1910), Der Ketzer von Soana (O herexe de Soana, 1918), Die Insel der grossen Mutter (A illa da Gran Nai, 1921).

Adquiriu fama de intelectual radical, fama que o seguiu durante moitos anos, a pesar de ser un asceta aristocrático que conseguiu sobrevivir tranquilamente a todos os sucesos tanto da República de Weimar como do Terceiro Reich de Hitler.

En 1912 foi galardoado co premio Nobel de Literatura.

Obra publicada[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

No seu honor, púxoselle nome ao asteroide (8381) Hauptmann descuberto o 21 de decembro de 1992 por Freimut Börngen.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]