John Maxwell Coetzee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Maxwell Coetzee
Nobel prize medal.svg
J.M. Coetzee.JPG
Nacemento 9 de febreiro de 1940
Lugar Cidade do Cabo, Suráfrica
Nacionalidade Suráfrica e Australia
Alma máter Universidade da Cidade do Cabo e Universidade do Texas em Austin
Ocupación linguista, escritor, novelista, ensaísta, tradutor, libretista, guionista, catedrático de universidade e poeta
Xéneros novela
Coñecido/a por Life & Times of Michael K
Premios Premio Nobel de Literatura, Chevalier de l'ordre des Arts et des Lettres‎, James Tait Black Memorial Prize, Geoffrey Faber Memorial Prize, Prémio Femina estrangeiro, Premio Jerusalén e Prémio Man Booker
editar datos en Wikidata ]

John Maxwell Coetzee, nado en Cidade do Cabo en 1940, é un escritor surafricano, gañador do Premio Nobel de Literatura en 2003.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educouse nunha escola católica, estudou matemáticas e inglés na Universidade de Cidade do Cabo, en 1961 trasladouse a Inglaterra, onde traballou como programador de IBM. Oito anos despois realizou o doutoramento pola Universidade de Texas e ensinou inglés e literatura na Universidade de Buffalo ata 1971, ano no que se lle nega a residencia pola súa participación nas protestas contra a guerra de Vietnam, polo que volve a Suráfrica e ensina literatura inglesa na Universidade de Cidade do Cabo. En 2002 trasladouse a Adelaida (Australia) e o 6 de marzo de 2006 concedéuselle a cidadanía australiana.

Obra[editar | editar a fonte]

John M. Coetzee en Kraków (Polonia), o 9 de xuño de 2006.