Liberdade de expresión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleanor Roosevelt e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948). O artigo XIX estabelece que "todo ser humano ten dereito á liberdade de opinión e expresión".

Liberdade de expresión é o dereito de calquera individuo a manifestar, libremente, opinións, ideas e pensamentos persoais sen medo de represión ou censura por parte do goberno ou doutros membros da sociedade. É un concepto fundamental nas democracias modernas nas cales a censura non ten apoio moral.[1] A liberdade de expresión é un dereito humano, protexido pola Declaración Universal dos Dereitos Humanos, de 1948, e polas constitucións de varios países democráticos.[2]

Segundo o artigo XIX da Declaración Universal dos Dereitos Humanos:

"Todo ser humano ten dereito á liberdade de opinión e expresión; este dereito inclúe a liberdade de, sen interferencia, ter opinións e de procurar, reciber e transmitir informacións e ideas por calquera medio e independentemente de fronteiras".

Historia[editar | editar a fonte]

A maioría dos ideais políticos modernos como a xustiza, a liberdade e o goberno constitucional, xurdiron na Grecia antiga. Foron os gregos os pioneiros en lanzar as sementes da idea democrática, que, conservadas polos filósofos da Idade Media, deron os seus froitos na modernidade.

Efectivamente, só integrantes dun demos (concello), dirixido por un demarca participaban da política. De aí a expresión democracia, que significa goberno do demos. Outro punto a ser considerado é que o gran número de escravos existentes en Atenas permitía que o tempo do cidadán fose dedicado á política.

Aristóteles acostumaba afirmar que todo e calquera traballo manual debía ser executado por escravos, de forma que os cidadáns puidesen dispor de seu tempo para as actividades políticas.

Os escravos gregos realizaban servizos manuais e eran tratados de forma benigna, podendo alcanzar a súa liberación polos bos servizos prestados ós seus propietarios. O propio Estado podía ter escravos, os cales exercían funcións menos significativas.

Convén esclarecer que a noción de Estado que existe hoxe non existía na Grecia antiga. Nin sequera existía a noción da diferenza entre Estado e sociedade, xa que a sociedade era o propio Estado.

Ademais, a democracia ateniense era a democracia directa. Os cidadáns reuníanse en Asemblea, na Ágora (praza pública), para deliberar sobre os asuntos máis diversos. Na Ágora, todos podían expresar os seus pensamentos (liberdade de expresión). O dereito á voz era de todos os cidadáns. Os cidadáns, aqueles que podían participar da vida política da Polis restrinxíanse a un pequeno grupo de persoas, máis precisamente, ós homes libres. Mulleres, escravos, prisioneiros e estranxeiros non podían participar da vida política.

Por un outro lado, a existencia da escravitude en Atenas era o que permitía ó home libre ocuparse soamente da vida política. Iso implica dicir que a democracia grega existía grazas á escravitude.

O home grego cunha forte consciencia política, vía no Estado a súa razón de existir, por iso sentía a necesidade de integrarse na vida política.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CABRAL, Bruno Fontenele. “Freedom of speech”. Consideracións sobre a liberdade de expresión e de imprenta no dereito norteamericano. Jus Navigandi, Teresina, ano 15, n. 2640, 23 set. 2010. Dispoñíbel en: <http://jus.com.br/artigos/17476>. Acesso o: 16 ago. 2013.
  2. "Concepto de liberdade de expresión — Conceito.de". Conceito.de. Consultado o 8 de outubro de 2015.