Saltar ao contido

Maurice Maeterlinck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaurice Maeterlinck

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Maurice Polydore Marie Bernard Maeterlinck Editar o valor en Wikidata
29 de agosto de 1862 Editar o valor en Wikidata
Gante, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Morte6 de maio de 1949 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Niza, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPalais Maeterlinck (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente PEN International
1947 – 1949
← Denis Saurat (pt) Traducir, François Mauriac, Thornton Wilder, Hu Shi (pt) TraducirBenedetto Croce → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Gante
Compañía de Xesús
Sint-Barbaracollege (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, dramaturgo, libretista, ensaísta, poeta, filósofo, tradutor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1888 Editar o valor en Wikidata - 1949 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLa Jeune Belgique (en) Traducir, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enIdealismo alemán Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPhilosophical fable (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoSimbolismo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
CónxuxeRenée Dahon (1919–) Editar o valor en Wikidata
ParellaGeorgette Leblanc Editar o valor en Wikidata
IrmánsLouis Maeterlinck
Marie Maeterlinck Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteConcise Literary Encyclopedia (en) Traducir, (vol:4, sec:Метерлинк, p.797-801)
Literary Encyclopedia 1929—1939 (en) Traducir, (vol:7, sec:Метерлинк),
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0535508 IBDB: 7637
BNE: XX910282 Musicbrainz: e46dc76b-5339-43ca-a2eb-06e8c7e1ca40 Discogs: 786571 IMSLP: Category:Maeterlinck,_Maurice WikiTree: Maeterlinck-1 Find a Grave: 217936339 Editar o valor en Wikidata

Maurice Maeterlinck, nado en Gante o 29 de agosto de 1862 e finado en Niza, Francia, o 5 de maio de 1949, foi un dramaturgo e ensaísta belga de lingua francesa, principal expoñente do teatro simbolista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciou os seus estudos nun colexio de Xesuítas e estudou leis na Universidade de Gante. En 1885 publica os seus primeiros poemas de inspiración parnasiana na revista literaria e artística Jeune Belgique. En 1886, abandona a súa profesión e trasládase a París onde establecerá relación cos escritores que máis van influír nel: Stéphane Mallarmé e Villiers De L'Isle-Adam. Este último faralle coñecer toda a profundidade do idealismo alemán (Hegel, Schopenhauer). Nesa mesma época Maeterlinck estuda a Ruysbroeck o Admirable, un místico flamengo do século XIV do que traduciu en 1891, "Ornement des noces spirituelles", que o levaron a descubrir as riquezas intuitivas do mundo xermánico moi afastadas do racionalismo predominante na literatura francesa. Con este espírito, e notablemente influenciado por Novalis (George Philipp Friedrich von Hardenber) entra en contacto co romanticismo de Jena (Alemaña 1787-1831), autor de "August et Friedrich von Schlegel" e da revista "l’Atthenäum", precursor, en liña directa, do simbolismo. Nas obras que Maeterlinck publica entre 1889 e 1896, reflíctese esta influencia xermánica.

En 1890, vólvese moi famoso grazas ao escritor Octave Mirbeau. En 1902 escribe "Monna Vanna" obra teatral que interpretará Georgette Leblanc, actriz á que coñeceu en 1895 e que será a súa compañeira ata 1919, ano no que contrae matrimonio coa moza Renée Dahon.

En 1921 impartiu clases nos Estados Unidos, país no que pasou a segunda guerra mundial. Durante unha curta estancia en Portugal, en 1937, escribiu o prefacio do discurso político de Salazar: Une revolution dans la paix.

Maeterlinck ten unha certa influencia, a través do seu teatro poético sobre algúns autores españois como Federico García Lorca nas súas obras teatrais temperás.

O seu libro de poemas Serres chaudes (Os invernadoiros), publicado en 1889 por León Vanier, editor de Paul Verlaine, evidencia a liña da "despersonalización da escritura" e pon de manifesto, en parte, o ideal mallarmeniano: a suxestión como esencia de todo ramallete convértese no principal xerador do acto da creación pura. Coa repetición dunha palabra, Maeterlinck, consegue unha vibración espiritual, unha resonancia interior.

Ils célèbrent une grande fête chez les ennemis.
Il y a des cerfs dans une ville assiégée
Et une ménagerie au milieu des lys. (Hôpital)
eles celebran unha gran festa en casa dos inimigos
Hai uns cervos nunha cidade asediada
E unha casa de feras no medio das azucenas (Hospital)

O verso é arrítmico, liberado de convencións. Guillaume Apollinaire queda impresionado por esta nova forma de versificar. Maeterlinck abandona o naturalismo e o parnasianismo para dedicarse á poesía alegórica na que a imaxe recorda a iconografía medieval, a pintura de Pieter Brueghel o Vello ou a de Hieronymus Bosch (o Bosco).

En 1895, volve atoparse con Georgette Leblanc, cantante, irmá de Maurice Leblanc. Con ela creará, en 1897, na Vila Dupont, un salón literario ao que concorren, entre outros: Oscar Wilde, Paul Fort, Stéphane Mallarmé, Camille Saint-Saëns, Anatole France, e Auguste Rodin.

Maeterlinck, xunto aos grandes dramaturgos (Henrik Ibsen, Anton Chekhov, August Strindberg e Hauptmann) contribuíu á transformación da concepción do drama. De 1889 a 1894, publica oito obras nas que se expresan estados anímicos nun mundo irreal e simbólico. Baixo estas características destacan tres conceptos: o drama estático (personaxes inmóbiles, pasivos e receptivos ante o descoñecido); o personaxe sublime (que loita inutilmente contra a morte, o Destino ou a Fatalidade); a traxedia cotiá (ningún heroicismo, o simple feito de vivir é xa unha traxedia). A acción, mediante a interpretación dos actores, debe suxerir os estados de ánimo cara ao seu destino, o soño lento cara á fatalidade.

Ao teatro sucédenlle as obras de ensaio filosóficas nas que aborda a vida da natureza e o misterio do home: O tesouro dos humildes (Le trésor des humbles) 1896; A vida das abellas (La vie des abeilles) 1901; A intelixencia das flores (L'intelligence des fleurs), en 1907; A vida dos térmites (La vie des termites) 1927; A vida das formigas (La vie des fourmis) 1930.

En 1908, Constantin Stanislavski pon en escena a obra "O Paxaro azul" (L'Oiseau bleu) no Teatro de Arte de Moscova. Esta obra, será representada con grande éxito en todo o mundo.

En 1911 Maeterlinck foi galardoado co premio Nobel de Literatura. Foi nomeado conde polo rei Alberte e condecorado por franceses e belgas como recompensa polos servizos prestados aos aliados na primeira guerra mundial.

Un ano antes do seu falecemento publica Bulles bleues, obra na que recolle recordos da súa infancia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]