Saltar ao contido

Guerra franco-prusiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guerra franco-prusiana
Unificación Alemá Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Aspecto de
 Resultado
Vitoria alemá
Datas
 Data de comezo
19 de xullo de 1870 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
28 de xaneiro de 1871 Editar o valor en Wikidata
Implicados
Localización
 Localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/0c0dv Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Galiciana: 43361 BNE: XX534994
Wikidata C:Commons

A guerra franco-prusiana que enfrontou a Francia e Alemaña entre o 19 de xullo de 1870 e o 28 de xaneiro de 1871 e que significou a fundación do Segundo Reich ou Unificación Alemá, e a perda de Alsacia e Lorena e do Segundo Imperio por parte da derrotada e humillada Francia.

Francia e Alemaña romperon relacións pola candidatura de Leopoldo de Hohenzollern, sobriño do rei de Prusia á coroa española tralo destronamento e exilio de Isabel II. Napoleón III, emperador francés, temeu un cerco a Francia como nos días de Carlos I. Esixiu a Guillerme I, rei de Prusia, que interviñese para retira-la candidatura. O rei de Prusia contestou que aquilo era unha "impertinente solicitude" e enviou o famoso telegrama de Ems. Ese telegrama antes de saír de Berlín, pasou polas mans do belicista chanceler de ferro Otto Von Bismarck, e logo de adquirir forma máis hostíl, orixinou a ruptura de hostilidades.

O xeneral Moltke, man dereita de Guillerme I, invadiu Alsacia e Lorena e bloqueou a flor e nata do exército imperial francés na batalla de Sedán (Renania, 1870). O propio Napoleón III foi feito prisioneiro nesa batalla. Co emperador retido, caeu en Francia o Segundo Imperio e foi proclamada a Terceira República. O goberno republicano conseguiu milagrosamente que París non caese. En 1871 asinouse a Paz de Frankfurt, na que Francia cedía a Alemaña Alsacia e Lorena. En Versalles (Francia), Guillerme I foi aclamado como emperador de Alemaña, unificando as Confederacións do Norte e do Sur. Naceu así o Segundo Reich, baixo hexemonía prusiana. Alemaña converteuse na primeira potencia continental e a segunda económica do mundo.

  1. Antes do 4 de setembro de 1870.
  2. Despois do 4 de setembro de 1870.