Xoana de Arco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Xoana de Arco
Xoana de Arco na coroación de Carlos VII de Francia, 1854 por J. Auguste Dominique Ingres, (Museo do Louvre, París).]]
Xoana de Arco
Período:
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor:
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
Período:
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor:
Período:
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor:
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 5/6 de xaneiro de 1412
Lugar: Domrémy (Lorraine), Pavillon royal de la France.svg Reino de Francia
Falecemento: 30 de maio de 1431
(19 anos)
Lugar: Ruán, Reino de Inglaterra
Organización:
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe:
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): {{{cargos}}}
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión:
Relixión: Catolicismo
Premios: {{{premios}}}
Jehanne signature.jpg
{{{web}}}

Xoana de Arco, nada o 5 ou o 6 de xaneiro de 1412, e finada o 30 de maio de 1431 en Ruán, tamén coñecida como a Doncela de Orleáns (ou, en francés, La Pucelle d'Orléans), foi unha heroína e santa francesa. A súa festividade é o día da súa morte, como é tradición na Igrexa Católica, o 30 de maio.

Nacida entre 1407 e 1412, con 17 anos encabezou ao exército real francés. Convenceu ao rei Carlos VII de que expulsaría aos ingleses de Francia e este deulle autoridade sobre o seu exército no sitio de Orléans, a batalla de Patay e outros enfrontamentos en 1429 e 1430. Estas campañas revitalizaron a facción de Carlos VII durante a Guerra dos Cen Anos e permitiron a coroación do monarca. Como recompensa, o rei absolveu ao pobo natal de Xoana de Domrémy de pagarlle anualmente (esta lei estivo en vigor ata hai cen anos). Os borgoñóns capturárona e entregárona aos ingleses. Os clérigos condenárona por herexía e o duque Xoán de Bedford queimouna viva en Ruán. A gran maioría de datos sobre a súa vida baséanse nas actas dese proceso, pero son en certa forma provistos de descrédito, pois segundo diversas testemuñas do xuízo, estiveron cheos de correccións e datos falsos introducidos por orde do bispo Cauchon. Entre estas testemuñas estaba o escribán oficial, designado só como Manchon, que afirma que en ocasións había secretarios agochados detrás das cortinas da sala agardando instrucións para borrar ou agregar cousas das actas.

A súa inocencia foi recoñecida en 1456 nunha apelación do xuízo, grazas a un proceso onde houbo moitos testemuños e declarouse herexes aos xuíces que a condenaron. Finalmente, xa no século XX, en 1909 foi beatificada e posteriormente declarada santa en 1920 polo Papa Bieito XV. Ese ano foi declarada como a santa patroa de Francia.

A súa fama estendeuse inmediatamente logo da súa morte: venerada pola Liga Católica no século XVI, adoptada como símbolo cultural polos círculos patrióticos franceses dende o século XIX, foi unha inspiración para as forzas aliadas durante a Primeira e a Segunda Guerra Mundial.

Popularmente, Xoana de Arco é contemplada por moitas persoas como unha muller notable: valente, vigorosa e cunha grande fe. Hoxe en día é obxecto de especial interese na República de Irlanda, Canadá, Reino Unido e Estados Unidos. No método do Escultismo é a Santa Patroa das guías.

Xuventude[editar | editar a fonte]

Xoana naceu a Domrémy, en Lorraine, durante a Guerra dos Cen Anos opoñendo Francia a Inglaterra. Filla de Jacques de Arco e de Isabelle Romée, facía parte dunha familia de cinco nenos: Jeanne, Jacques, Catherine, Jean e Pierre. Era moi piadosa, e retirábase cada sábado, á igrexa de Bermont, preto de Greux, para rezar.

En 1425, a vila onde vivía Xoana, sufriu unha incursión inimiga, de acordo coa situación do reino francés, aos tres anos da coroación nominal de Carlos VII. Realmente era unha situación previsible. Xusto dous anos antes, Jacques, pagara pola protección do pobo a Robert de Sarrebruck, señor de Commercy. O ataque probablemente foi máis próximo a unha razzia, xa que a vila non se viu nunha situación o suficientemente crítica como para non refacerse, aínda que as tropas de socorro de Sarrebruck non conseguiron estar á altura.

Esta serie de incursións rápidas nos pobos, coa intención de prender lume e cometer outras atrocidades debilitaron o bando do delfín, pero non o suficiente como para acabar con el. Así, en xullo de 1428, Domrémy foi vítima doutro ataque, neste caso borgoñón polo líder Henri de Orly, que esta vez si que provocou a fuxida dos habitantes á fortaleza máis próxima, Neufchâteau, xusto ao sur de Domrémy, que viu queimada a súa igrexa. Deste xeito, os habitantes puideron comprobar cos seus propios ollos cal era a situación real do delfín, cal era a ameaza e as novas que comezaban a chegar con moita velocidade do asedio de Orleáns coa toma das vilas do Loira ao redor deste núcleo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jeanne d'Arc

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]