República Democrática de Acerbaixán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública Democrática de Acerbaixán

HimnoAzərbaycan marşı Editar o valor em Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°30′N 47°34′L / 40.5, 47.56Coordenadas: 40°30′N 47°34′L / 40.5, 47.56
CapitalGəncə (1918–1918)
Bakú (1918–1920) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.862.000 (1920) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficialLingua azerí Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación28 de maio de 1918 Editar o valor em Wikidata
Disolución28 de abril de 1920 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porRepública Socialista Soviética de Acerbaixán Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentaria Editar o valor em Wikidata
MoedaManat acerbaixano Editar o valor em Wikidata

A República Democrática de Acerbaixán (en azarí: Azərbaycan Xalq Cümhuriyyəti) foi o primeiro intento exitoso de estabelecer unha república democrática e secular no mundo musulmán (anterior á República de Turquía).[1] A República Democrática de Acerbaixán foi fundada o 28 de maio de 1918, despois do colapso do Imperio Ruso, que comezou coa Revolución Rusa de 1917 polo Consello Nacional de Acerbaixán en Tiflis.[2] Os seus límites foron estabelecidos con Rusia ó norte, a República Democrática de Xeorxia, no noroeste, e a República Democrática de Armenia, ao oeste, e Persia, no sur. Posuía unha poboación de 2 millóns de persoas.[3] Ganja foi a capital provisional da República, Bakú estivo baixo control bolxevique ata 1919.

A independencia declarouse o 28 de maio de 1918 en Tiflis polo Consello Nacional Acerbaixano. A República só existiu 23 meses pois o 27 de abril de 1920, o XI Exército Vermello entrou en Bakú e a República Democrática de Acerbaixán caeu sendo proclamada a República Socialista Soviética de Acerbaixán.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Baixo a República Democrática de Acerbaixán, un sistema de goberno foi desenvolvido no que o Parlamento elixido en función de representación universal, libre e proporcional, foi o órgano supremo da autoridade do Estado e do Consello de Ministros responsables ante el. Fatal Khan Khoyski tornouse o seu primeiro ministro.[4] Alén da maioría de Musavat, Ehrar, Ittihad, os musulmáns socialdemócratas, así como representantes dos armenios (21 dos 120 lugares [2]), rusos, polacos, minorías xudías e alemáns [5] gañaron asentos no parlamento. Algúns membros apoiaban o panislamismo e ideas do panturquismo.[6]

Entre as importantes obras do Parlamento están a extensión do sufraxio para as mulleres, facendo que Acerbaixán fose a primeira nación musulmá a conceder ás mulleres dereitos políticos iguais aos homes.[2] Neste feito, Acerbaixán tamén precedeu ó Reino Unido e ós Estados Unidos. Outro fito importante da República Democrática de Acerbaixán foi a creación da Universidade Estatal de Bakú, que foi a primeira universidade de tipo moderno fundada en Acerbaixán.

Tendo estabelecido un goberno estable, a República Democrática de Acerbaixán decidiu ter unha postura máis neutral fronte a guerra civil rusa e en 16 de xuño de 1916 asinou un tratado de defensa colectiva con Xeorxia contra o Exército Branco do xeneral Anton Denikin, que á súa vez, asinara un pacto militar con Armenia; logo, Armenia, iniciou unha guerra contra a República Democrática de Acerbaixán, para conquistar a rexión de Karabakh. Porén, a derrota de Denikin contra o Exército Vermello impediu a realización do plan de Armenia de por fin á guerra contra a República Democrática de Acerbaixán, poucos días antes da intervención do Exército Vermello en Acerbaixán. Ademais, a República enfrontouse moi rapidamente coa ameaza dos socialistas rusos. Rusia decidiu ocupar o territorio de Acerbaixán que deixara á súa sorte despois da Revolución de 1917. Finalmente, o exército ruso achegouse á fronteira da República e desmobilización do exército acerbaixano e permitiu que as tropas rusas ameazasen o país. A República Democrática de Acerbaixán estaba nunha situación difícil. As forzas de Denikin, o Exército Branco estaba achegándose cada vez máis ás fronteiras e que non pode contar coa axuda de Irán, que non quería un país independente, rico en petróleo nas súas veciñanzas e do Exército británico comandado polo Xeneral Thomson é indiferente o destino do país.

O 28 de abril de 1918, a República Democrática de Acerbaixán foi ocupada polas forzas tsarista e perde a súa independencia. En 1920, o país é ocupado polo Exército Vermello e incorporado en 1922 a República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica no seo da Unión Soviética e en 1936 e tornouse unha República Socialista Soviética de Acerbaixán.

Mapas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tadeusz Swietochowski. Russia and Azerbaijan: A Borderland in Transition. Columbia University Press, 1995. ISBN 0-231-07068-3, 9780231070683 and Reinhard Schulze. A Modern History of the Islamic World. I.B.Tauris, 2000. ISBN 1-86064-822-3, 9781860648229.
  2. 2,0 2,1 2,2 Kazemzadeh, Firuz (1951). The Struggle for Transcaucasia: 1917-1921. The New York Philosophical Library. pp. 124, 222, 229, 269–270. ISBN 0-8305-0076-6. 
  3. Tadeusz Swietochowski. Russian Azerbaijan, 1905-1920: The Shaping of a National Identity in a Muslim Community. Cambridge University Press, 2004, p. 129. ISBN 0-521-52245-5
  4. La Chesnais, Pierre Georget (1921). Les peuples de la Transcaucasie pendant la guerre et devant la paix. Éditions Bossard. pp. 108–110. 
  5. "Azerbaijan:History". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2007. Consultado o 28 de novembro de 2011. 
  6. Musavat Party (Azerbaijan)
    Pan-Turkism: From Irrendentism to Coopersation by Jacob M. Landau P.55
    On the Religious Frontier: Tsarist Russia and Islam in the Caucasus by Firouzeh Mostashari P. 144
    Ethnic Nationalism and the Fall of Empires by Aviel Roshwald, page 100
    Disaster and Development: The politics of Humanitarian Aid by Neil Middleton and Phil O'keefe P. 132
    The Armenian-Azerbaijan Conflict: Causes and Implications by Michael P. Croissant P. 14