Igrexas de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de San Domingos.

As igrexas de Pontevedra son uns monumentos da cidade, as máis importantes son:

Igrexa de San Domingos[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Ruínas de San Domingos.

As ruínas de San Domingos constitúen un dos seis edificios que forman o complexo do Museo Provincial de Pontevedra. Corresponde cos restos que permanecen en pé da igrexa gótica do que no seu día foi o convento de San Domingos.

Hoxe consérvase só a cabeceira porticada, con cinco capelas correspondentes ó brazo transversal do cruceiro, mentres que a entrada ó recinto faise polo extremo oposto do cruceiro.

San Bartolomeu.

A Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra iniciou en 1889 as xestións para a súa recuperación e declaración como Monumento Nacional, e utilizou as ruínas como sede da institución. Co tempo, a Sociedade cedeu as instalacións ó Museo de Pontevedra, en 1938, e este converteu este espazo na súa Sección lapidar (arqueolóxica) e dedicouno á exposición permanente de sepulcros de persoeiros históricos pontevedreses, laudas gremiais e escudos heráldicos procedentes de enterramentos na propia igrexa e de casas nobres da cidade e da provincia.

Igrexa de San Bartolomeu[editar | editar a fonte]

Construída entre 1696 e 1714, polos xesuítas seguindo trazas realizadas en Roma. Foi a igrexa do colexio que os xesuítas posuíron na cidade entre 1650 e 1767, ano da súa expulsión de España.

É de planta rectangular e cruz latina. A súa fachada está decorada con columnas, repisas, fiestras e símbolos heráldicos dos Andrade, Aranda e Guimarei. Posúe interesantes retablos onde se da cita pezas de gran calidade atribuídas a Pedro de Mena, Bieito Silveira e Gambino. Na igrexa podemos encontrar a figura da patroa de Pontevedra, A Virxe do O.

O edificio antigo, chamado Edificio Sarmiento, era a sede do colexio ata a expulsión dos xesuítas.

Igrexa de San Francisco[editar | editar a fonte]

San Francisco.

Construída no século XIV, esta igrexa franciscana é unha obra declarada monumento histórico-artístico en 1896. No seu interior atópase a tumba de Paio Gómez Charino, que pertence a unha das familias nobres da época.

A Igrexa foi fundada por Francisco de Asís. O edificio foi construído entre 1310 e 1360, coa axuda económica dos herdeiros de Paio Gómez Chariño.

A esta construción provocou envexa nos membros da orde dominicana, que remataran a súa igrexa dez anos antes, e que decidiron en 1380 iniciar a construción doutra igrexa máis grande que a franciscana. Este gran auxe da construción debeuse á gran cantidade de doazóns económicas de familias adiñeiradas. Despois da desamortización de Mendizábal o recinto quedou deshabitado e en 1930 o templo foi cedido por orde real.

A igrexa é de estilo gótico, e foi declarada monumento histórico-artístico en 1896. Ten planta de cruz, cunha única nave, tellado de madeira e cabeceiras con tres ábsidas poligonais, cubertas con bóvedas.

No interior, hai que destacar, a tumba de Paio Gómez Chariño e de dous matrimonios de familias nobres. Tamén é de destacar a imaxe do Nazareno (talla do século XIX) e as pinturas murais do lado esquerdo dos séculos XVI e XVIII.

Santa María a Maior.

Basílica de Santa María a Maior[editar | editar a fonte]

Pontevedra non ten catedral, é por iso que a igrexa de Santa María é considerada a principal igrexa da cidade.

Localízase no casco antigo de Pontevedra e a súa construción foi promovida por arcebispos de Santiago de Compostela e apoiada por varias familias nobres da vila, varias entidades gremiais e distintas confrarías. Construíuse seguindo os planos de Juan de los Cuetos e Diego Gil entre outros, no século XVI.

Trátase dun edificio estilo gótico con influencias do estilo manuelino portugués; destacan as súas fachadas. Está orientada cara ao oeste e presenta unha escalinata para acceder a ela. A súa estrutura é en forma de retablo. A porta sitúase no corpo central e presenta un arco de medio punto, enmarcado polas estruturas de San Pedro e San Pablo.

Inaugurouse no ano 1559 e foi designada como patrimonio da humanidade o 6 de marzo de 1931.

Peregrina.

Capela da Virxe Peregrina[editar | editar a fonte]

Consiste nunha capela de planta en forma de vieira que está situada ao pé do Camiño Portugués.

Empezouse a construír no 1778 e tratase dunha das edificacións mais simbólicas e relevantes da cidade de Pontevedra. Está dedicada a virxe que, segundo a tradición, guiaba a os peregrinos desde Baiona ata Santiago.

Aun que a patroa de Pontevedra é a Virxe do Ó, a festa mais grande é en honor á Virxe Peregrina, e celébrase o 2º domingo de agosto, sendo unha semana enteira de festas.

A Virxe sae en procesión vestida elegantemente na súa carroza tirada por nenos, e acompañando a Virxe (sentadas na carroza) nenas vestidas de peregrinas.

Santa Clara.

Convento de Santa Clara[editar | editar a fonte]

O Convento de Santa Clara é un antigo convento da Orde das Clarisas, situado no centro da cidade de Pontevedra, na rúa Santa Clara, xunto á antiga Porta de Santa Clara da antiga muralla.[1]

San Roque.

Capela de San Roque[editar | editar a fonte]

É unha capela neoclásica erixida na Moureira de Abaixo, preto do porto de Corvaceiras como protección contra os afectados da peste que puidesen chegar por mar. No seu interior destacan as imaxes de San Roque e San Sebastián.

Capela das Ánimas.

Capela das Ánimas[editar | editar a fonte]

A Capela da Ánimas é un pequeno edificio relixioso néogótico construído en 1898, situado no casco antigo da cidade de Pontevedra, na rúa das Ánimas, moi preto da praza de Curros Enríquez, no soar do antigo hospital de San Xoán de Deus. Ten unha porta cun arco oxival, acompañada de dúas ventás con arcos apuntados a cada lado.

San Xosé.

Igrexa de San Xosé de Campolongo[editar | editar a fonte]

A igrexa de San José, do século XX, empezouse a construír en 1979 e terminouse en 1983. Foi inaugurada o 23 de outubro de 1983.[2] Está construída sobre unha base de fermosos soportais, típicos na zona vella da cidade e chaman a atención as dúas torres que se elevan cara ao ceo, circulares. Localizada na praza da Constitución, cunha superficie de 2.665 m², supuxo un investimento de 40 millóns de pesetas, equivalente a 240.000 euros.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]