Xosé Gambino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Gambino")
Xosé Gambino
Nacemento 1719
  O Faramello, Ribasar, Rois
Falecemento 1775
  Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Ocupación escultor e imaxineiro
Coñecido/a por Retablo maior do mosteiro de Sobrado
editar datos en Wikidata ]
San Roque de Gambino na capela do Hospital de San Roque en Santiago de Compostela.

Xosé Gambino, nado no Faramello (Pazo do Faramello), Ribasar, Rois, en 1719 e finado en Santiago de Compostela en 1775, foi o máximo expoñente da escultura rococó en Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Colaborou con Fernando de Casas Novoa na fachada do Obradoiro. Os franciscanos encargáronlle unha figura de Santo Antón para o convento de Herbón, onde innova a iconografía galega co neno nun só brazo. Máis tarde, neste mesmo convento, talla as imaxes da Virxe, San Xosé, San Francisco, San Miguel, San Rafael e Santiago peregrino. Realizou as imaxes para o retablo da capela do pazo de Oca. En 1753 aparece traballando no mosteiro de Oseira.

É emblemático o seu Santiago peregrino da sala capitular da basílica compostelá e as súas imaxes de Santiago Matamouros (na propia catedral e no frontón do Pazo de Raxoi). Salienta tamén un San Roque na capela compostelá do mesmo nome.

Grandes mosteiros como o de Sobrado dos Monxes e San Martiño Pinario reclamaron tamén os seus servizos. Con el formouse o grande escultor galego do período seguinte Xosé Ferreiro, o seu xenro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]