Saltar ao contido

Friedrich Schelling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFriedrich Schelling

(1848) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Friedrich Wilhelm Joseph Schelling Editar o valor en Wikidata
27 de xaneiro de 1775 Editar o valor en Wikidata
Leonberg Editar o valor en Wikidata
Morte20 de agosto de 1854 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Bad Ragaz Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónQ137643128 Traducir (1783–1786)
Tübinger Stift
Universidade de Leipzig
Universidade de Tubinga
Q131826027 Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía da natureza, ciencias naturais, estética, metafísica e epistemoloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Múnic Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, escritor, profesor universitario, libretista Editar o valor en Wikidata
PeríodoFilosofia do século XIX (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Múnic
Universidade Humboldt de Berlín
Universidade de Jena
Universidade de Würzburg
Universidade de Erlangen-Núremberg Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enFilosofía Editar o valor en Wikidata
MovementoIdealismo alemán Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJohann Gottlieb Fichte, Ludwig Josef Uhland (pt) Traducir, Gottlob Christian Storr (pt) Traducir, Johann Friedrich LeBret (pt) Traducir, Johann Friedrich Flatt e Christian Friedrich von Schnurrer Editar o valor en Wikidata
AlumnosFélix Ravaisson e Johann Erich von Berger (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
DoutorandoLudwig Wihl (en) Traducir e Georg Wilhelm Friedrich Hegel Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeCaroline Schelling (1803–1809)
Pauline Gotter Editar o valor en Wikidata
FillosPaul Heinrich Joseph Schelling
 ()
Carl Friedrich August Schelling
 ()
Clara Schelling
 () Pauline Gotter
Julie von Eichhorn
 () Pauline Gotter
Hermann von Schelling
 () Pauline Gotter Editar o valor en Wikidata
PaisJoseph Friedrich Schelling Editar o valor en Wikidata  e Gottliebin Maria Schelling Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarl Eberhard Ritter von Schelling
August Ludwig Schelling Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 184298 BNE: XX999457 Dialnet: 58309 Apple Music: 304574384 WikiTree: Schelling-138 Find a Grave: 92595866 Editar o valor en Wikidata

Friedrich Wilhelm Joseph von Schelling, nado en Leonberg (Wurtemberg) o 27 de xaneiro de 1775 e finado en Bad Ragaz (Suíza) o 20 de agosto de 1854, foi un filósofo alemán, un dos máximos expoñentes do idealismo e da tendencia romántica na filosofía alemá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Inicios e formación

[editar | editar a fonte]

No ano 1777 no mosteiro de Bebenhausen é onde inicia Schelling os seus primeiros estudos que logra sacar brillantemente cunha anticipación de dous anos con respecto aos demais compañeiros. Aproximadamente aos oito anos comeza a aprender letras clásicas e a súa gran capacidade intelectual causa impacto nos mestres. En 1790 con só dezaseis anos ingresa no famoso Seminario de Tubinga. Neste seminario, tiña unha política de carácter conservador e feudal no que había un ambiente marcado pola tradición teosófica-mística que tiñas as súas bases no Renacemento. Aínda que neste centro de estudos intentaban manter un control das tendencias e ideas políticas dos mozos, estes facían lecturas a escondidas de autores que por aquela época non estaban permitidos.

Schelling estudou filosofía e teoloxía no seminario de Tubinga. Alí coñeceu a Hegel e Hölderlin e coma eles, tamén recibiu a influencia da filosofía kantiana e do pensamento de Fichte. A partir diso, foi deixando a teoloxía e centrouse máis na filosofía. Antes dos vinte anos, dise que Schelling xa tiña o seu propio sistema filosófico.

No ano 1792 graduouse coa tese sobre a orixe do mal humano, onde trata de encontrar unha explicación do mal e no ano 1793 realizou un traballo sobre os mitos, buscando a súa esencia e función dentro das culturas primitivas.

Primeiros escritos

[editar | editar a fonte]

En 1792 graduouse cunha tese escrita en latín sobre a orixe do mal humano titulada Antiquissimi de prima malorum humanorum origine philosophematis Genes. III. explicandi tentamen criticum et philosophicum (Un intento de explicación crítica e filosófica dos máis antigos filosofemas do Xénese) onde trata de encontrar unha explicación histórica do mal dicindo que a humanidade antes era feliz pero despois dunha caída viuse sumida nunha infelicidade. Neste escrito xa se poden distinguir algunhas ideas sobre o futuro movemento romántico.

No ano 1793 escribiu un segundo traballo Sobre mitos, lendas históricas e filosofemas do mundo máis antigo sobre os mitos onde intenta buscar a súa esencia e función dentro da cultura primitiva.

Máis tarde, unha breve estancia en Dresde e Leipzig introdúceo no círculo do primeiro romanticismo e experimenta un sentimento romántico cara a natureza. Este mesmo ano, toma a decisión de deixar o seminario ao igual que Hegel e Hölderlin. No ano 1795 publica Vom Ich als Princip der Philosophie oder über das Unbedingte im menschlichen Wissen (Do Eu como principio da filosofía ou sobre o incondicionado no saber humano) onde aborda a busca dun primeiro principio incondicionado do saber humano que atopará no "Eu absoluto". En 1795 tamén publicou Cartas filosóficas sobre dogmatismo e criticismo.

Etapas da súa filosofía

[editar | editar a fonte]

A primeira etapa corresponde coa súa etapa de xuventude influída por Fitche, aproximadamente polo ano 1795, neste ano publicou a obra Vom Ich als Princip der Philosophie oder über das Unbedingte im menschlichen Wissen. Esta obra apareceu cando Shelling contaba con apenas 20 anos de idade e é a terceira obra publicada por este filósofo. Neste escrito, mostra a preocupación herdada dos postkantianos Schulze, Maimon e Reinhold por facer realidade o soño de Kant de transformar a filosofía en ciencia, e desenvolve a pretensión de Fichte de reducir todo o sistema kantiano a unha única posición Eu=Eu. A tese central deste escrito sostén que o principio de toda filosofía é o Eu absoluto. Schelling concibe o Eu absoluto como liberdade, como pura actividade creadora. Seguramente este escrito foi o máis relevante desta fase inicial da súa produción filosófica.

A segunda etapa viría despois do ano 1796 onde mostra o seu interese pola filosofía da natureza. Foi nesta etapa na que se trasladou á Universidade de Leipzig. No ano 1800 ven o período no que expón a súa filosofía transcendental e a obra máis relevante é o System des transcendentalen Idealismus (Sistema do idealismo transcendental). Esta obra céntrase no que Schelling considera a “verdadeira” filosofía de Fitche: a construción completa do eu, da subxectividade, da autoconciencia. Neste intre, ambos filósofos comprenden que están pensando de forma totalmente diferente. Esta foi a obra máis importante e lograda, tanto na forma como no contido. Posteriormente a esta etapa veu a fase chamada de identidade, que chegou ata 1809 cuxo texto máis importante foi Philosophische Untersuchungen über das Wesen der menschlichen Freiheit (Investigacións filosóficas sobre a esencia da liberdade humana e os obxectos con ela relacionados).

Finalmente, podemos dicir que hai dúas fases máis, a primeira sería nos anos onde se redactan as diversas versións de Die Weltalter (As idades do mundo). Esta obra constitúe a fase máis escura da filosofía de Schelling. A partir do ano 1809 os camiños de Schelling apartáronse da cómoda filosofía de la identidade e centráronse no camiño da relixión e da mitoloxía. O que o autor intenta explicar na obra e como xorde o tempo na eternidade. A segunda etapa estaría dominada pola distinción entre filosofía positiva e negativa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]