Saltar ao contido

Dedución

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dedución
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Caracterizado por
 Oposto a
Implicados
 Inventor/a
Identificadores
Freebase/m/0gl0s Editar o valor en Wikidata
MathWorldDeduction Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2992238565 e C97364631 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

A dedución ou razoamento dedutivo foi descrito por primeira vez por filósofos da Antiga Grecia, en especial Aristóteles.

Opostamente ao razoamento indutivo no cal se formulan leis a partir de feitos observados, o razoamento dedutivo infire eses mesmos feitos baseándose na lei xeral.

En lóxica, a dedución é unha modalidade de razoamento no cal a verdade das premisas non converte en verdadeira a conclusión, senón que a conclusión dun razoamento dedutivo só é probable. Así pois, nun razoamento dedutivo poden afirmarse as premisas e, asemade, negar a conclusión sen contradicirse.

Un exemplo:

Todos os homes son libres.
Aristóteles é un home.

Disto dedúcese que Aristóteles é libre. Observemos que inda que as premisas son razoamentos xerais substentables, a conclusión é doada de refugar por ter un campo de perspectiva reducido.