Círculo de Viena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Moritz Schlick foi o fundador do Círculo de Viena

O Círculo de Viena (Wiener Kreis en alemán) foi un movemento científico e filosófico formado por Moritz Schlick en Viena, Austria, no ano 1922 e disolto definitivamente en 1936. Este movemento, co nome orixinal de Círculo de Viena para a concepción científica do mundo, ocúpase principalmente da lóxica da ciencia, considerando a filosofía como unha disciplina encargada de distinguir entre o que é ciencia e o que non, e da elaboración dunha linguaxe común a todas as ciencias.

Historia[editar | editar a fonte]

Os membros do círculo de Viena publicaron en 1929 o seu manifesto programático, nun opúsculo titulado A visión científica do mundo.

Propuxeron utilizar un linguaxe común que debía ser elaborado pola filosofía, baseándose na linguaxe da física, por ser esta a disciplina científica de maiores avances e a que practicaban profesionalmente moitos dos membros do círculo. Para o Círculo de Viena a filosofía ten a acepción dunha disciplina máis ben ligada a lóxica e o empirismo inglés, que define o relevante dos enunciados. A publicación en 1922 de Ludwig Wittgenstein da súa Tractatus Logico-Philosophicus que influíu no traballo do Círculo e reafirmou posicións previas en canto a tratar a ciencia como un conxunto de proposicións con sentido e relevantes.

O proxecto do Círculo de Viena comezou a difundirse a partir dos traballos da revista Erkenntnis dirixida por Rudolf Carnap, na cal se publicaron os principais achegues deste movemento. Karl Popper fixo unha presentación da súa obra A lóxica da investigación científica que influíu en forma importante no Círculo. Aínda que se identificou con certas premisas que están en falsacionismo, nunca se considerou ou asociou posteriormente co Círculo sendo un crítico do seu positivismo.

O círculo de Viena disolverase produto da presión política e ascenso do nacionalsocialismo en Austria. En 1936 Moritz Schlick sería asasinado por un estudante Nazi, Johann Nelböck, situación xustificada pola prensa alemá da época. Tras estes acontecementos, a maior parte dos membros do círculo de Viena escaparon a outros países (principalmente a Estados Unidos) onde seguirán desenvolvendo a súa filosofía: o positivismo lóxico, pero xa non como un círculo, senón de maneira diseminada.

En 1939 Rudolf Carnap, Otto Neurath e Charles Morris publican a Enciclopedia Internacional da Ciencia Unificada. Aínda que o empirismo lóxico seguiu desenvolvéndose por un tempo, este volume é considerado como o último traballo realizado polo Círculo de Viena.

Filosofía[editar | editar a fonte]

A filosofía do Círculo de Viena avoga por unha concepción científica do mundo, defendendo o empirismo de David Hume, John Locke e Ernst Mach, o método da indución, a procura da unificación do linguaxe da ciencia e a refutación da metafísica. Esta filosofía é unha forma de empirismo e unha forma de positivismo coñecida cos nomes de positivismo lóxico, neopositivismo, empirismo lóxico ou neoempirismo, aínda que os membros do Círculo de Viena preferían chamalo empirismo consecuente.

O positivismo e o empirismo lóxico ou neoempirismo non precisaban distinción algunha, pois dispuñan de criterios obxectivos cos que poder responder: os principios de verificación e de confirmación respectivamente. Con todo, axiña que como se identifica o coñecemento co coñecemento probado ou confirmado, en certo grao xorde o escollo de ter que xustificar o inductivismo como doutrina legitimadora das inferencias. Deste escollo ven libres as concepcións instrumentalistas, que basean a aceptabilidad en criterios utilitaristas.

Membros do Círculo de Viena[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Pódense considerar como precursores do Círculo de Viena aos seguintes autores.