Filosofía social

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A filosofía social é a rama da filosofía encargada do estudo do comportamento social (en especial nos humanos).

Comparte coa socioloxía o seu obxecto material, a sociedade, pero, mentres que a socioloxía estuda como son as relacións en e entre as diversas comunidades, a filosofía social apunta a saber como deben ser esas relacións para que realmente sexan formalizadas como unha perfección para o ser humano. Así mesmo imparte coa ciencia política a racionalidade xurídica na sociedade para que todo isto sexa eficaz na práctica.

A esencia mesma da filosofía social constitúea o concepto de relación, en canto a sociedade non é senón un conxunto de relacións libremente constituídas entre os homes dende a súa remota antigüidade. Polo tanto, a filosofía social céntrase no estudo do home en canto ser libre e relacionable, pois a súa esencial sociabilidade non pode senón proceder da creatividade consubstancial a súa natureza. Só dende a súa liberdade enténdese a sociedade como unha determinación da súa propia vontade, e deste xeito responsabilidade colectiva do grupo que a constitúe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]