Historia da filosofía
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Historia da filosofía | |
![]() Platón e Aristóteles na Escola de Atenas de Rafael. | |
Historia | da filosofía |
Cronoloxía | Cronoloxía da filosofía |
Categoría | Historia da filosofía |
Prehistoria | |
Primeiras reflexións metafísicas e relixiosas, mitos cosmolóxicos. | |
Idade Antiga | |
· Desenvolvemento da filosofía na Mesopotamia antiga, Exipto Antigo, Grecia antiga, India antiga e China antiga · Primeiras escolas filosóficas en Grecia (presocráticos, sofistas, Platón, Aristóteles) · Filosofía india védica e desenvolvemento das escolas Āstika e nāstika (Hinduísmo, Budismo, Xainismo) · Filosofía chinesa: Confucianismo, Taoísmo | |
-V milenio | |
Primeiros sistemas de crenzas e reflexións sobre o mundo. | |
-IV milenio | |
Escritos protofilosóficos no Oriente próximo. | |
-III milenio | |
Textos relixiosos e cosmolóxicos en Exipto e Mesopotamia. | |
-II milenio | |
Os Vedas na India, primeiras formulacións filosóficas. Textos filosóficos exipcios como A Instrución de Ptahhotep. | |
-I milenio | |
Os Upanishads, xurdimento da filosofía dos Vedas e da filosofía do budismo. Confucio, Lao-Tsé, Zhuangzi, Mozi en China. | |
Século -X | |
Primeiros textos filosóficos sistemáticos en India e China. | |
Século -IX | |
Escribas exipcios e textos sapienciais mesopotámicos. | |
Século -VIII | |
Oríxes da filosofía grega con Homero e Hesíodo. | |
Século -VII | |
Tales de Mileto, Anaximandro, Anaxímenes (escolas de Mileto). | |
Século -VI | |
Pitágoras, Heráclito, Parménides. | |
Século -V | |
Sofistas, Sócrates, Protágoras, Gorxias. | |
Século -IV | |
Platón, Aristóteles, desenvolvemento das súas escolas. | |
Século -III | |
Filosofía helenística: estoicismo, epicureísmo, escepticismo. | |
Século -II | |
Expansión da filosofía en Roma e influencia na cultura. | |
Século -I | |
Filosofía xudeo-helenística | |
Século I | |
Inicios da filosofía cristiá. | |
Século II | |
Desenvolvemento do neoplatonismo. | |
Século III | |
Plotino, Oríxenes, filosofía neoplatónica. | |
Século IV | |
Agostiño de Hipona, síntese entre cristiandade e platonismo. | |
Idade Media | |
· Filosofía islámica e xudía medieval: Avicena, Al-Farabi, Averroes, Maimónides · Filosofía escolástica en Europa: Tomé de Aquino, Guillerme de Ockham, Duns Scoto · Influencia de traducións árabes de textos gregos en Occidente | |
Século V | |
Caída de Roma, transición á filosofía medieval. | |
Século VI | |
Filosofía bizantina, Boecio. | |
Século VII | |
Desenvolvemento da filosofía islámica inicial. | |
Século VIII | |
Influencia de textos gregos en Bagdad. | |
Século IX | |
Traducións de Aristóteles ao árabe e latín. | |
Século X | |
Esplendor do pensamento filosófico islámico e xudeu. | |
Século XI | |
Anselmo de Canterbury, primeiros desenvolvementos escolásticos. | |
Século XII | |
Expansión da escolástica medieval. | |
Século XIII | |
Tomé de Aquino, escolástica madura. | |
Século XIV | |
Última etapa da escolástica, inicio do nominalismo. | |
Idade Moderna | |
· Filosofía do Renacemento: Humanismo, Renacemento. Filosofía racionalista: Descartes, Leibniz, Spinoza ·. Filosofía empirista: Locke, Hume, Berkeley · Filosofía ilustrada: Voltaire, Jean-Jacques Rousseau, Immanuel Kant | |
Século XV | |
O Renacemento e recuperación dos textos clásicos. | |
Século XVI | |
Francis Bacon, inicio do método científico. | |
Século XVII | |
Descartes, Spinoza, Leibniz. | |
Século XVIII | |
Ilustración, Kant, desenvolvemento da crítica da razón. | |
Idade Contemporánea | |
· Desenvolvementos en filosofía occidental, africana, latinoamericana e asiática · Idealismo alemán: Hegel, Fichte, Schelling · Marxismo: Karl Marx, Friedrich Engels · Fenomenoloxía: Husserl, Heidegger. Existencialismo: Sartre, Albert Camus · Filosofía analítica: Wittgenstein, Bertrand Russell, Gottlob Frege · Posmodernismo: Derrida, Michel Foucault | |
Século XIX | |
Hegel, Schopenhauer, Karl Marx, Nietzsche. | |
Século XX | |
Filosofía contemporánea: Wittgenstein, Heidegger, Sartre, Deleuze. | |
Século XXI | |
Desenvolvemento da neurofilosofía e neuroestética, filosofía da intelixencia artificial e problema da intelixencia artificial xeral. | |
Relacionados | |
Historia | Historia da ciencia, Historia da relixión. |
Artigos | Filosofía, filosofía occidental, filosofía oriental, filosofía da evolución, filosofía da relixión, historia, historiografía, epistemoloxía, lóxica. |
A historia da filosofía estuda e describe o desenvolvemento do pensamento filosófico ao longo do tempo nas diversas sociedades de todo o mundo.
A filosofía occidental, orixinada na Grecia antiga do século VI a. C., centrouse inicialmente na natureza fundamental do cosmos e expandiuse para abarcar temas como a ética, a epistemoloxía e a natureza da mente. occidental desde as súas orixes na Grecia. Considérase que a constitución da historia da filosofía como disciplina autónoma e específica só acontece desde principios do século XIX. Antes deste momento existen diversas publicacións de carácter histórico e filosófico, pero non posúen o rigor e cientificidade propios dos historiadores da filosofía.
Durante a Idade Media, a filosofía influenciada pola teoloxía acadou novos enfoques, mentres que o Renacemento marcou un retorno á tradición grega e á emerxencia do humanismo. Coa Idade Moderna, a filosofía baseouse na creación de coñecemento científico e na razón, influíndo no Iluminismo. Os séculos XIX e XX viron o xurdimento de correntes como o idealismo alemán, o pragmatismo, o positivismo, a lóxica matemática moderna, a fenomenoloxía, o existencialismo e o posmodernismo entre moitas outras correntes.[1]
A filosofía islámica, profundamente influenciada por pensadores gregos, acadou o seu apoxeo na Idade de Ouro islámica, centrando moito do seu debate na relación entre razón e revelación.
A filosofía india, enraizada nos vedas, desenvolveu escolas ortodoxas e heterodoxas que trataron a realidade, o coñecemento e a iluminación espiritual, influíndo en correntes hindús e budistas.[2] A filosofía chinesa, marcada por sistemas como o confucianismo e o taoísmo, centrouse na conduta social, o goberno e a auto-cultivación. Co tempo, a filosofía chinesa incorporou o pensamento budista, evolucionando en escolas como o neoconfucianismo.[3]
Outras tradicións como a filosofía xaponesa, a filosofía latinoamericana e a filosofía africana (por exemplo a antiga filosofía exipcia, moi vinculada á grega, pero tamén o pensamento doutras sociedades de África) tamén contribuíron á historia da filosofía, ampliando o abano de perspectivas sobre cuestións fundamentais da existencia e do coñecemento.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]Concepto
[editar | editar a fonte]Esta disciplina atópase nunha posición ambigua e intermedia entre a historia e a filosofía. Algúns autores, por exemplo Wilhelm Dilthey, consideran que non é máis que unha rama particular da historia xeral. En consecuencia, sería unha ciencia histórica, tendo como función expoñer o máis fielmente posible o pensamento dos filósofos habidos ó longo do tempo, pero non sería filosofía, isto é, unha actividade creadora e produtora de filosofía. O cultivador desta disciplina sería un historiador, pero non un filósofo. Así considerada, a historia da filosofía estaría exposta ós problemas típicos dunha disciplina histórica calquera: determinación das fontes, recolección e ordenación de datos, obxectividade expositiva etc.
Outros autores, en cambio, consideran que a filosofía é esencialmente historia da filosofía, isto é, ninguén pode crear filosofía se non entronca os seus pensamentos dentro da propia tradición filosófica dándolles continuidade e ó mesmo tempo transformándoos a través dun selo persoal. Nesta última concepción podería encaixar, por exemplo, Hegel. Para este último só a historia da filosofía que é tamén filosofía merece ser considerada como tal. Desde esta perspectiva a historia da filosofía coincide coa filosofía mesma, non sendo esta outra cousa que a acumulación do pensamento crítico e racional da humanidade. En toda época a filosofía sería a súa historia, é dicir, historia da filosofía.
Guiado pola perspectiva de dar continuidade á historia da filosofía, o filósofo alemán do século XIX Wilhelm Windelband cría que a única maneira de acadalo consistiría en expoñer a historia dos problemas filosóficos (Problemsgeschichte), e non dos filósofos, posto que aqueles serían o único estable e permanente na historia do pensamento.
De todas as maneiras, a tendencia dominante na maioría dos actuais historiadores da filosofía é a concepción historicista, máis que a filosófica ou a Problemsgeschicte.
Filosofía occidental
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Filosofía occidental e Historia da filosofía occidental.
En canto á división das distintas etapas históricas polas que atravesa a filosofía, aínda que non hai pleno consenso en canto a cuestións de detalle, acoastúmanse establecer, a grandes trazos, catro períodos, entre os que non hai auténtica ruptura, senón máis ben cada período destes xorde como consecuencia de vicisitudes sociais que, no plano intelectual, prolongan e reformulan o pensamento de etapas anteriores. É así que se establece a seguinte división: filosofía antiga (Grecia e Roma clásicas), filosofía medieval (patrística e escolástica), filosofía moderna (dende Descartes ata a morte de Hegel. Respecto deste período di Russell: está máis dominado pola ciencia que ningún anterior; as crenzas relixiosas tradicionais conservan a súa importancia, pero séntese a necesidade de xustificalas, e modificalas onde queira que a ciencia parece impor esta esixencia) e filosofía contemporánea (dende as grandes reaccións contra o sistema hegeliano ata os nosos días). Así mesmo, é frecuente sinalar o Renacemento (século XV e XVI) como período intermedio e transitorio entre o medievo e a modernidade.
En cada unha destas etapas domina, á súa vez, un determinado punto de vista filosófico que, en certa medida, xustifica a división: o problema da natureza (physis) nos antigos, a cuestión teolóxica (Deus) nos medievais, a teoría do coñecemento nos modernos e, por último, a complexidade do panorama contemporáneo diversificado en temas de antropoloxía, filosofía da linguaxe, filosofía da ciencia e filosofía política.
Filosofía grega |
Filosofía presocrática: conxunto heteroxéneo de filósofos e escolas filosóficas gregas anteriores a Sócrates.
Filósofos pluralistas:
Filosofía antropolóxica: O home como preocupación básica (s. V a.C)
Filosofía globalizadora e sistemática: preocupación por todos os temas filosóficos, pola realidade no seu conxunto (s. IV a.C). Filosofía clásica: filosofía correspondente ao chamado Século de Pericles, momento no que esta disciplina chega ao seu máximo apoxeo no mundo grego. Sócrates, Platón (realista e fundador da Academia) e Aristóteles (fundador do Liceo). Filosofía helenística: Tamén chamada alexandrina ou postaristotélica. Tratase da filosofía que florece durante o período helenístico. Preocupación polos temas morais, pescuda da maneira de ser feliz (finais do (s. IV a.C) ao (II a.C) Académicos: continuadores da Academia de Atenas platónica. Peripatéticos continuadores do Liceo aristotélico: Teofrasto | Estratón de Lampsaco | Aristoxeno | Satiro Estoicismo: a virtude como ben supremo; a apatía. (Antiga e media Estoa): Zenón de Citio | Cleantes | Crisipo Epicureísmo: hedonismo, Epicuro (fundador do epicureísmo no Xardín e tamén atomista) Escépticos: Pirrón de Elis | Sexto Empírico Cínicos: Dióxenes de Sinope | Crates de Tebas | Hiparquía Megarenses ou megáricos: Cirenaicos: Aristipo de Cirene Helenismo xudeu: Filón de Alexandría (Vida contemplativa) Neoplatonismo: Amonio Saccas | Plotino | Porfirio | Xámblico | Edesio de Capadocia | Plutarco de Atenas | Proclo | Damascio | Simplicio de Cilicia | Hipatia |
Filosofía romana |
Entre os romanos estaban moi difundidas as ideas do estoicismo, o epicureísmo e dos académicos. De feito, moitos pensadores deste período eran máis ben eclécticos. Neste sentido, o caso paradigmático é Cicerón.
Estoicos (nova ou tardía Estoa): Séneca | Marco Aurelio | Epicteto | Cicerón |
Filosofía medieval |
Na medida en que o pensamento medieval estaba dominado por la fe cristiá, a filosofía perde a súa antiga autonomía e devén ancilla Theologiae, vale dicir, pasa a estar subordinada á teoloxía.
Patrística: Xustino Mártir | Clemente de Alexandría | Oríxenes | San Ireneo | Santo Agostiño | Tertuliano | Lactancio | Atanasio de Alexandría | Gregorio de Nisa | Basilio o Grande | Gregorio Nacianceno Filosofía non cristiá: Alfarabi | Avicena | Avempace | Ibn Tufayl | Averroes | Maimónides | Abenarabi Escolástica: Escoto Eríxena | Santo Anselmo | Pseudo Dionisio Aeropagita | Duns Scoto | Tomé de Aquino | San Boaventura | Guillerme de Ockham | Francisco Suárez | Nicolao de Cusa |
Filosofía renacentista |
Petrarca | Lorenzo Valla | Coluccio Salutati | Leonardo Bruni | Leon Battista Alberti | Erasmo de Rotterdam | Michel de Montaigne | Marsilio Ficino | Pico della Mirandola | Tomás Moro | Tomás Campanella | Francis Bacon | Giordano Bruno | Galileo Galilei |
Filosofía moderna |
As características fundamentais da filosofía da Idade Moderna foron unha renovada confianza do home nas súas facultades racionais, e unha progresiva secularización da cultura, o que significa unha cada vez menor importancia da condición relixiosa en favor da condición laica.
Filosofía política: Nicolás Maquiavelo | Jean Bodin | Thomas Hobbes | Montaigne Racionalismo: Descartes | Spinoza | Leibniz | Pascal Ilustración: Voltaire | Montesquieu | Rousseau Idealismo: Berkeley | Kant | Fichte | Schelling | Hegel | Schopenhauer |
Filosofía contemporánea |
Irracionalismo: Kierkegaard | Schopenhauer Materialismo histórico: Marx | Materialismo dialéctico: Engels Vitalismo: Bergson | Nietzsche | José Ortega y Gasset | Dilthey Pragmatismo: William James | Dewey Filosofía analítica: Russell | Carnap | Wittgenstein | Moore | Kripke | Nagel | Davidson | Putnam | Ryle | Austin | Strawson | Searle | Círculo de Viena | Escola de Berlín Fenomenoloxía (en sentido moi amplo): Husserl | Merleau-Ponty | Scheler | Heidegger | José Ortega y Gasset | Xavier Zubiri Existencialismo e filosofía da existencia :
Escola de Frankfurt: Horkheimer | Adorno | Walter Benjamin | Marcuse | Habermas Hermenéutica: Gadamer | Ricoeur Filosofía da ciencia: Popper | Kuhn | Feyerabend | Lakatos Filosofía neoaristotélica: Neotomismo | obxectivismo| Antonio Rosmini | Jacques Maritain Tradición Marxista: Lenin | Gramsci | Althusser | Karl Korsch | Lukács | Bloch Filosofía posmoderna: | Deleuze | Derrida| (deconstruccionista) | Foucault | Cioran | Lyotard | Rorty | Vattimo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Frederick Copleston, S. J. (1994). A History Of Philosophy, Complete Volumes Collection (From I to IX).
- ↑ Radhakrishnan, S. & Moore, C. A. (1989). A Source Book in Indian Philosophy.
- ↑ Fung, Y.-L. (1997). A Short History of Chinese Philosophy.
- ↑ Hountondji, Paulin J. (1983). African philosophy : myth and reality. Bloomington : Indiana University Press. ISBN 978-0-253-30270-0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Menciónanse aquí só algunhas das historias xerais da filosofía de maior difusión ou prestixio:
- Abbagnano, N.: Storia della Filosofía, 1946-1955, 3 vol.
- Aróstegui, A.: Esquemas para una Historia de la Filosofía occidental, 1953
- Bréhier, E.: Histoire de la Philosophie, 1926-1932, 2 vol.
- Copleston, F.: A history of Philosophy, 1963-1968, 8 vol.
- Fraile, G/ Urdánoz, T.: Historia de la filosofía, 1966-1991, 6 Vol.
- Geymonat, L.: Storia del pensiero filosofico e scientifico, 1970, 7 vol.
- González Álvarez, A.: Manual de historia de la filosofía, 1964 (3ª edic.)
- Hegel, G. W. F.: Vorlesungen der über die Geschichte der Philosophie (Leccións sobre a historia da filosofía), 1833, ed. de Karl Ludwing Michelet .
- Hirschberger , J.: Geschichte der Philosophie (Historia da filosofía), 1949, 2 vol.
- Felipe Martínez Marzoa.: Historia de la filosofía, 1973, 2 vols.
- Russell, B.: History of the Western Philosophy (Historia da filosofía occidental), 1945
- Ueberweg, F.: Grundiss der Geschichte der Philosophie (Compendio de historia da filosofía), 1863-1866 (reelaborado posteriormente por varios autores ata incluír a primeira metade do século XX), 7 vol.
- Windelband-Heimsoeth, Lehrbuch der Geschichte der Philosophie (Libro de historia da filosofía), 1892,1935, 1957.
- Worländer, K., Geschichte der Philosophie, 1903, 2 vol.