Saltar ao contido

Protágoras de Abdera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaProtágoras de Abdera

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 490 a. C. Editar o valor en Wikidata
Abdera, Grecia Editar o valor en Wikidata
Mortec. 420 a. C. Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Mar Xónico Editar o valor en Wikidata
Causa da morteafogamento Editar o valor en Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo Editar o valor en Wikidata
MovementoSofista e Presocráticos Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX873956

Protágoras de Abdera é un filósofo grego da época clásica.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Protágoras naceu en Abdera na costa norte no mar Exeo, e viviu en Atenas e Sicilia entre os anos 480 e 400 a. de C. aproximadamente. En Atenas dedicouse á ensinanza da retórica e da oratoria e exerceu unha grande influencia sobre Pericles, do que era amigo, e sobre outros políticos da época.

Protágoras foi un dos primeiros en ensinar as técnicas para defender as propias ideas de forma convincente nos preitos e na política e está considerado o primeiro filósofo sofista. Foi o primeiro que recibiu cen minas de salario; o primeiro que dividiu o tempo en partes, explicou as virtudes das estacións, inventou as disputas e introduciu os sofismas, para os que gustan de tales cousas nos argumentos. El foi quen, deixando o significado das cousas, induciu as disputas de nomes; deixándonos aquel modo superficial de argüír que aínda dura.

Protágoras, dada a importancia da sofística na linguaxe e na oratoria, cultivou o estudo da linguaxe, tratando ao símbolo lingüístico como un froito convencional (e non como unha derivación lóxica da natureza). Protágoras tamén se preocupou polas matemáticas, tratando ao símbolo matemático como ideal e non como real.

Das súas ideas pouco se sabe, porque as súas obras perdéronse e, ademais, porque as principais fontes para o seu coñecemento son os escritos de Platón e Aristóteles, que non compartían as súas opinións.

Percorreu ao longo de corenta anos gran parte das illas do Mediterráneo e parece ser que no 445 a. C. estableceuse na cidade de Atenas, onde alcanzou unha gran reputación. Amigo de Pericles, ao parecer morreu afogado durante unha viaxe a Sicilia, cando fuxía das acusacións de impiedade das que foi obxecto en Atenas á morte daquel (400 a.C.).

Relativismo

[editar | editar a fonte]

Protágoras defendeu un relativismo do coñecemento e dos valores, expresado na súa célebre frase: «O home é a medida de todas as cousas, das que son en tanto que son, e das que non son en canto que non son». Con isto quere dicir que non hai unha verdade obxectiva, absoluta e universal, senón só verdades relativas e subxectivas, que dependen da percepción de cada persoa. A «medida de todas as cousas» non é o ser humano en xeral, como ente abstracto, senón cada individuo en particular.

O relativismo de Protágoras ten aplicación en todos os ámbitos da nosa existencia, no plano do coñecemento e no do comportamento:

  • O relativismo do coñecemento impide que se poida establecer un criterio único de verdade, polo que todas as opinións teñen a mesma validez. Así, unha mesma afirmación pode ser verdadeira nunha ocasión e falsa noutra, segundo quen a pronuncie e en que circunstancias. Protágoras basea esta tese no eterno fluír de Heráclito e na súa lei da unidade dos contrarios.
  • O relativismo dos valores implica que unha mesma acción pode ser boa para unha persoa e mala para outra e, incluso, boa ou mala para unha mesma persoa, dependendo das circunstancias e da súa apreciación.

Non hai verdades obxectivas, absolutas e universais, senón que as cousas son tal e como son percibidas por cada un de nos. Este relativismo como se expuxo anteriormente aplicase a todos os ámbitos da nosa existencia.

Por exemplo, o que para unha persoa sa é un sabor agradable, para un enfermo é amargo. Está confundida a persoa enferma? Protágoras dirá que para el, na súa situación, a verdade é que o sabor é amargo.

O impedimento de establecer un criterio de verdade, tendo todas as opinións a mesma validez, lévanos a poder permitir defender teses contrarias ao mesmo tempo, técnica na que o filósofo destacou con mestría e que foi duramente criticada por Platón e Aristóteles.

Porén, segundo Guthrie, Protágoras esvaeceu a radicalismo deste criterio cara a unha postura utilitarista: aínda que todas as opinións particulares teñan a mesma validez, algunhas son máis vantaxosas que outras. No caso mencionado anteriormente, é vantaxoso para o enfermo volver restablecer o sabor que tiñan os alimentos antes da enfermidade.

Agnosticismo

[editar | editar a fonte]

No terreo das crenzas relixiosas, Protágoras mantivo unha postura agnóstica e escéptica. Nunha obra súa, titulada Sobre os deuses, negaba a posibilidade dun coñecemento da realidade que vaia alén das aparencias sensíbeis. Segundo Dióxenes Laercio, este escrito comezaba coas seguintes palabras:

    • «Sobre os deuses non podo saber se existen ou non existen. Tampouco a forma que teñen. Moitas son as cousas que me impiden sabelo: a escuridade do asunto e a brevidade da vida humana.»

Polas opinións que expresa nese libro, Protágoras foi acusado de impiedade e obrigado a deixar Atenas. Morreu afogado nun naufraxio cando se dirixía a Sicilia camiño do desterro.

Entre as obras desaparecidas de Protágoras pódense citar as seguintes:

  • Sobre o Estado
  • Sobre as ciencias
  • Sobre a ambición
  • Sobre as virtudes
  • Arte erística
  • Sobre os deuses
  • Sobre a verdade
  • Antiloxías

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]